Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 22 de agosto de 2003 Páx. 10.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PEDRAFITA DO CEBREIRO

ANUNCIO.

Aprobados pola Comisión de Goberno, con data do 7 de agosto de 2003, os pregos de cláusulas económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas para a contratación por concurso do contrato de consultoría e asistencia técnica para a realización dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e elaboración da cartografía dixital do Concello de Pedrafita do Cebreiro, sométese a exposición pública polo prazo de oito días contados desde o día seguinte ó da última publi

cación do anuncio no BOP ou no DOG, para efectos de exame e reclamacións.

De conformidade co disposto no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, anúnciase simultaneamente o concurso, aínda que a licitación se aprazará, no suposto de que sexan formuladas reclamacións contra os pregos de condicións, mentres non sexan resoltas polo órgano competente.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Pedrafita do Cebreiro.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e elaboración da cartografía dixital do Concello de Pedrafita do Cebreiro.

Lugar: Concello de Pedrafita do Cebreiro.

Prazo de execución: vinte meses segundo fases.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

Noventa e cinco mil douscentos sesenta e catro euros e cincuenta e nove céntimos (95.264,59), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do tipo de licitación (1.905,29 euros).

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Pedrafita do Cebreiro.

Domicilio: localidade e código postal: praza de España, nº 2, Pedrafita do Cebreiro, 27670.

Horario: das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Teléfono: 982 36 71 03. Fax: 982 36 71 50.

7. Presentación de ofertas.

Data límite: 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pedrafita do Cebreiro, en man, das 9.00 ás 14.00 horas, durante os quince días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG. Tamén se poderán presentar por correo, e neste caso o interesado deberá acreditar co xustificante correspondente, a data de imposición do envío na oficina de correos, anunciarlle o mesmo día, ata as 14.00 horas, ó Concello de Pedrafita do Cebreiro, por fax ou telegrama, a remisión da proposición. Sen cumprir tales requisitos non será admitida a proposición no caso de que se recibise fóra do prazo fixado no anuncio de licitación.

Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 14ª do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

8. Apertura de ofertas.

No salón de sesións da Casa do Concello de Pedrafita do Cebreiro, ás 12.00 horas do quinto día hábil seguinte (agás sábado) a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

9. Criterios de base para a adxudicación.

Os recollidos na cláusula 17ª dos pregos.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Pedrafita do Cebreiro, 11 de agosto de 2003.

José Luis Raposo Magdalena

Alcalde