Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 22 de agosto de 2003 Páx. 10.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CURTIS

ANUNCIO de concurso por procedemento aberto e tramitación urxente.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Curtis.

2. Obxecto do contrato: descrición: reforma do mercado comarcal de Curtis. Lugar de execución: Curtis. Prazo de execución: rematadas antes do 30 de outubro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 113.604,62 euros.

5. Garantía: definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Curtis. Secretaría. Praza de España, 1, 15310 Teixeiro. Teléfono: 981 78 90 03, 981 78 91 21, fax: 981 78 95 78. Data límite de obtención de documentos e información: 13 días a partir da última publicación, das 9.00 ás 14.00 horas.

7. Requisitos do contratista: os que indica o prego de prescricións administrativas.

8. Presentación de ofertas: data límite de presentación: 13 días contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio, ata as 14.00 horas.

Documentación que se debe achegar: a que sinala o prego de prescricións administrativas. Lugar de presentación: rexistro xeral do concello.

9. Apertura de ofertas: entidade: Concello de Curtis. Data: o día seguinte ó último do prazo para achegar ofertas. Se fose sábado, pasará ó día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios serán por conta de quen resulte adxudicatario do contrato.

11. Outras informacións: o prego de cláusulas administrativas que rexerán a contratación é o aprobado con data do 5 de xullo de 2002 pola Deputación Provincial da Coruña para a contratación, mediante concurso con procedemento aberto, das obras comprendidas nos plans provinciais.

Curtis, 12 de agosto de 2003.

Javier Francisco Cainzos Vázquez

Alcalde