De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, na que se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto que se notifica.
A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na r/ Alcalde Hevia, nº 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 23 de xullo de 2003.
Andrés Iglesias López
Xefe da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: PO-801 (expte. desaf.: DO-008/03).
Cta.: 85.
Nome: Ángel Rivera Ousina.
Enderezo: Grupo San Rafael, 85. Pereira, Mos.
Non pagamento da débeda: 112,47 A.
Expediente: PO-801 (expte. desaf.: DO-012/03).
Cta.: 62.
Nome: Prudencio da Silva Pérez.
Enderezo: Grupo San Rafael, 62. Pereira, Mos.
Non pagamento da débeda: 101,77 A.