Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 22 de agosto de 2003 Páx. 10.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión ordinaria do 19 de xullo de 2003, acordou aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual do Plan parcial (SAU-I) Pedra do Pan, formulado, mediante iniciativa particular, por Juan Antonio Núñez, en nome e representación de Xestumia 2002, S.L., segundo

documentación subscrita polo arquitecto Jesús M. Freijeiro, con data de visado colexial do 23-4-2003.

O que se fai público en cumprimento do preceptuado no artigo 86.1º a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar na secretaría nunicipal, en horario de oficina, e formula-las alegacións e observacións que se consideren procedentes.

Caldas de Reis, 22 de xullo de 2003.

José Mª Tobío Barreira

Alcalde-presidente