Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 22 de agosto de 2003 Páx. 10.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, adxudicación por concurso e tramitación urxente, das obras que se citan. (Expediente CO-12-12-03-01 e catro máis).

1.Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Proxectos e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: urbanización do bordo portuario de Betanzos.

-Clave do expediente: CO-12-12-03-01.

-Orzamento base de licitación: setecentos sesenta e tres mil oitocentos cincuenta e oito con corenta e seis (763.858,46) euros.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Clasificación: grupo F, subgrupo 7, categoría d.

-División por lotes: non hai.

b) Descrición do obxecto: remodelación de rampla en Santa Mariña, Ponteceso.

-Clave do expediente: CO-12-27-03-01.

-Orzamento base de licitación: cento dezanove mil novecentos sesenta e nove con trinta e cinco (119.969,35) euros.

-Garantía provisional: dous mil trescentos noventa e nove con trinta e nove (2.399,39) euros.

-Prazo de execución: catro (4) meses.

-Clasificación: non se esixe.

-División por lotes: non hai.

c) Descrición do obxecto: peirao interior na dársena de Tragove, Cambados.

-Clave do expediente: PO-13-07-03-01.

-Orzamento base de licitación: un millón cento oitenta e seis mil seiscentos noventa e oito con noventa e nove (1.186.698,99) euros.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Clasificación: grupo F, subgrupo 3, categoría e.

-División por lotes: non hai.

d) Descrición do obxecto: urbanización da zona portuaria de Portonovo.

-Clave do expediente: PO-13-10-03-01.

-Orzamento base de licitación: trescentos dezaseis mil oitocentos noventa e sete con cincuenta e cinco (316.897,55) euros.

-Prazo de execución: oito (8) meses.

-Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

-División por lotes: non hai.

e) Descrición do obxecto: recrecemento de rampla de varada e urbanización no porto de Cangas.

-Clave do expediente: PO-13-20-03-01.

-Orzamento base de licitación: cincocentos noventa e dous mil cento dous con noventa e catro (592.102,94) euros.

-Prazo de execución: nove (9) meses.

-Clasificación: grupo F, subgrupo 7, categoría d.

-División por lotes: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Garantías.

-Provisional: non se esixe, agás para o punto tres da letra b).

-Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa 10 A, 4º.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15707.

Teléfono: 981 54 53 22.

Telefax: 981 54 72 16.

b) E en Copystudio, Rúa Nova de Abaixo, 2. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 33 85.

c) Enderezo na Internet:http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 2974, 2979, 2980, 2981 e 2982.

6. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación, se é o caso: a esixida para cada contrato, no punto 2 anterior.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación:

1ª Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro do ente público Portos de Galicia.

2ª Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707 (ou no disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas).

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: admítense variantes.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas de Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 10-4, 4º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.00 horas.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente de Portos de Galicia