Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 22 de agosto de 2003 Páx. 10.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2003 pola que se amplía o prazo para a presentación de ofertas do concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para a elaboración do estudio A avaliación intermedia do programa rexional de Galicia da iniciativa comunitaria Leader +.

O 13 de agosto de 2003 publicouse no DOG a Resolución do 21 de xullo de 2003 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para a elaboración do estudio A avaliación intermedia do programa rexional de Galicia da iniciativa comunitaria Leader +.

En relación co citado concurso, o órgano de contratación, no uso das facultades atribuídas polo acordo do Consello de Dirección do 8 de xuño de 2001,

RESOLVE:

Amplíase o prazo de presentación de ofertas do concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para a elaboración do estudio A avaliación intermedia do programa rexional de Galicia da iniciativa comunitaria Leader + ata as 14.00 horas do día 5 de setembro de 2003.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2003.

(Por suplencia. Resolución do 21 de xullo de 2003)

Joaquín Mª García Díez

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural