Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 22 de agosto de 2003 Páx. 10.818

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (71/1998).

Dolores Martín Nájera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 71/1998 se dictou esta resolución:

«Auto.

En Santiago de Compostela o un de xullo de dous mil tres.

Feitos.

Único.-Neste xulgado séguese xuízo de faltas co número 71/1998, sobre lesións-tráfico, no que figuran como denunciantes os herdeiros de Antonio Gil Mariño e VER PDF e, como denunciante/denunciado, Carlos Vázquez Rodríguez.

Razoamentos xurídicos.

Único.-De conformidade co disposto no artigo 130 do Código penal, «a responsabilidade penal extínguese pola prescrición da infraccion cometida», polo que tendo en conta que conforme o artigo 131.2º do mesmo texto legal, as faltas prescriben ós seis meses, non pode senón declararse a extinción da responsabilidade penal do denunciado Carlos Vázquez Rodríguez, xa que transcorreron máis de 6 meses desde que o procedemento estivo paralizado, ó non se ter sinalado día para a realización do xuízo de faltas.

Parte dispositiva.

Declárase extinguida a responsabilidade criminal de Carlos Vázquez Rodríguez por prescrición da falta prevista e penada no artigo 621.3º do Código penal.

Unha vez sexa firme esta resolución, procédase ó arquivo das actuacións, deixando nota suficiente nos libros de rexistro.

Notifíqueselles esta resolución, contra a que cabe recurso de reforma, ó Ministerio Fiscal e ás demais partes comparecidas.

Así o acorda, manda e asina Pura Caaveiro Ameneiro, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido. Dou fe».

E para que conste e lles sirva de notificación do auto de prescricion da falta ós ignorados herdeiros de Antonio Gil Mariño, e para a súa publicación no BOP, expido este edicto en Santiago de Compostela o vintecatro de xullo de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado