Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 21 de agosto de 2003 Páx. 10.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIRA

CONTRATACIÓN por concurso aberto das obras de rehabilitación do contorno da praza do Convento.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Meira.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rehabilitación do contorno da praza do Convento.

b) Lugar de execución: Meira.

c) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 132.000,01 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2.440,00 euros. Están exentos os licitadores con clasificación empresarial.

Definitiva: 5.280,00 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Meira. Secretaría.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n.

c) Localidade e código postal: Meira, 27240.

d) Teléfono: 982 33 01 02.

e) Fax: 982 33 01 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar:

As proposicións presentaranse en dous sobres pechados.

Sobre A. Subtitulado Personalidade xurídica e xustificantes, conterá a documentación á que se refire o prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

Sobre B. Subtitulado Oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura como anexo I do prego.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Meira. Secretaría.

2ª Domicilio: praza do Concello, s/n.

3ª Localidade e código postal: Meira, 27240.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación de proposicións.

e) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes, tanto cualitativas (melloras de calidade) como cuantitativas (novas unidades de obra).

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: salón de sesións da Casa do Concello de Meira.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n.

c) Localidade: Meira.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: ás 17.00 horas.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Meira, 5 de agosto de 2003.

Nonito Rodríguez Morán

Alcalde en funcións