Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 21 de agosto de 2003 Páx. 10.803

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRÓN

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, das obras que se citan.

Proxectos:

1. Estrada de Cruces.

2. Estrada de Iria.

Orzamento:

97.011,69 euros.

83.291,92 euros.

Garantías:

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 4% do prezo de contrato.

Prazo e lugar de presentación das proposicións:

Poderanse presentar no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 13.00 horas, en sobres pechados, coa documentación e requisitos esixidos no prego de condicións aprobado pola Comisión de Goberno en sesión do 22 de xullo de 2003, no prazo de vinteseis días contados a partir do día seguinte á data da publicación deste anuncio.

Apertura de plicas:

Terá lugar na secretaría do concello ás 10.00 horas do día hábil seguinte, que non sexa sábado, ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Documentación:

Poderase consultar na secretaría do concello en horario de 9.00 a 13.00 horas.

Padrón, 23 de xullo de 2003.

O alcalde

Rubricado