Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 21 de agosto de 2003 Páx. 10.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2003 pola que se resolve publicar unha correción de erros da Resolución do 23 de xullo de 2003, publicada no Diario Oficial de Galicia número 147, do 31 de xullo, e se concede novo prazo de presentación de ofertas.

Con data do 31 de xullo de 2003 publicouse no DOG nº 147 resolución da Universidade de Vigo pola que se anunciaba concurso público para a contratación da subministración do expediente 18/2003 equipamento de mobiliario deportivo e de oficina do pavillón polideportivo de Ourense (2 lotes).

Observado un erro nas prescricións técnicas correspondentes á descrición dos elementos do lote 2 e

no punto 5 do anuncio Garantías, acórdase efectua-la seguinte corrección:

Onde di: «5. Garantías: provisional: 2% dos importes de licitación. Definitivas: 4% dos importes de adxudicación», debe dicir: «5. Garantías: provisional (non se esixe). Definitivas: 4% dos importes de adxudicación». Así mesmo, acórdase modifica-las prescricións técnicas do lote 2, outorgando un novo prazo para a presentación de propostas que finaliza o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. A mesa de contratación será o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil.

Vigo, 12 de agosto de 2003.

P.D. (Resolución 15-5-2003)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo