Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 20 de agosto de 2003 Páx. 10.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 22-4-2003, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do plan especial de protección e mellora do medio rural relativo ó predio Casas Novas, tramitado a instancia de Grilse, S.L., o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte a aquel en que se produza a última das publicacións que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación da provincia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expediente 14/2003.PPE).

Arteixo, 3 de xuño de 2003.

Manuel Pose Miñones

Alcalde en funcións