O pleno do concello, en sesión realizada o día 7 de xullo de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar provisionalmente o Plan de sectorización no lugar de Bidueiros, A Zapateira, promovido por Vallehermoso, S.A.
Segundo.-Resolve-las alegacións presentadas durante o trámite de información pública no sentido do informado polos técnicos municipais, remitindo ós alegantes o informe municipal contestatorio das súas alegacións, así como o presente acordo. En calquera caso, remitirase o presente acordo a tódolos propietarios afectados.
Terceiro.-Remitir unha copia da integridade do expediente administrativo, así como un exemplar do documento provisionalmente aprobado, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de conformidade co estipulado no artigo 86.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, no desexo de que emita informe no que se refira ó control da legalidade, a tutela dos intereses supramunicipais, así como o cumprimento das determinacións establecidas nas directrices de ordenación do territorio e dos plans territoriais e sectoriais.
Cuarto.-Remitir un exemplar do documento provisionalmente aprobado á deputación provincial, co obxecto de que informe a conexión que prevé o Plan de sectorización.
O que se publica para xeral coñecemento.
A Coruña, 10 de xullo de 2003.
O alcalde
P.D.
José Luis Méndez Romeu