De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, na que se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto o que se notifica.
A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na rúa Alcalde Hevia, nº 7, 36071 Pontevedra, nun
prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.
Transcorrido este prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 23 de xullo de 2003.
Andrés Iglesias López
Xefe da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: PO-267 (expte. desaf.: DO-005/03).
Cta.: 83.
Nome: Dolores Domínguez de Jesús.
Enderezo: A Seca, 83, baixo, A. Pontevedra.
Non pagamento débeda: 4,51 A.
Expediente: PO-83/060 (expte. desaf.: DO-015/03).
Cta.: 39.
Nome: José Ruibal Couto.
Enderezo: r/ Bélxica, blq. 3, 3º D. Monte Porreiro, Pontevedra.
Non pagamento débeda: 13.415,94 A.