Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 20 de agosto de 2003 Páx. 10.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/15-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Concello de Paderne de Allariz.

Domicilio social: praza do Concello, s/n, 32110, Paderne de Allariz.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. para polideportivo en Ríoseco.

Situación: Paderne de Allariz.

Características técnicas: liña aérea a 20 kV de 34 m de lonxitude, derivada da L.M.T. a Medorra-Paderne de Allariz, e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión subterránea de 106 m de lonxitude ata os equipos de medida.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalación eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 30 de xuño de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense