Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. C. Enríquez, J. Carlos I.
Situación: concello de Vilanova de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.Z. de 10 m de lonxitude, con orixe na LCS803 (Porto-Vilaxoán) ó C.T. San Mauro e remate no mesmo punto, unha vez que entre e saia do C.T. proxectado, de 630 kVA R.T. 20 kV-380/220 V,
situado na avda. de Juan Carlos I de Vilanova de Arousa.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 4 de xullo de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra