Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 20 de agosto de 2003 Páx. 10.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/72-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T.S, C.T. rúa do Bierzo.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña soterrada a 20 kV en conductor R.H.Z. 12/20 kV, de 420 m coa orixe na cela de liña do C.T. predio Paúles e remata na L.M.T. soterrada ó C.T. predio Coronela despois de alimenta-lo C.T. proxectado soterrado con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 na rúa do Bierzo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 25 de xuño de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense