Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 20 de agosto de 2003 Páx. 10.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2003, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de trazado do acondicionamento da estrada C-533, treito: Freixido-A Rúa, clave OU/01/6.1, termo municipal de Petín, A Rúa e Larouco.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 20 de agosto de 2002, procédese á aprobación do proxecto de construcción das obras do proxecto de trazado do acondicionamento da estrada C-533, treito: Freixido-A Rúa, clave OU/01/6.1, polo director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 3 de outubro de 2002 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 292/2002, publicado no DOG nº 203, do 21 de outubro de 2002.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, a data e a hora que se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello da Rúa:

Día: 22 de setembro de 2003.

Horario: das 9.30 ás 13.30 horas e das 16.00 ás 18.00 horas.

De: Alonso Núñez, Sara a Valladares López, Alejandro.

Casa do Concello de Larouco:

Día: 23 de setembro de 2003.

Horario: das 9.30 ás 13.30 horas e das 16.00 ás 18.00 horas.

De: Abelaira Riviera, Santos a Vidal Fernández, Clara.

Casa do Concello de Petín:

Día: 24 de setembro de 2003.

Horario: das 9.30 ás 13.30 horas e das 16.00 ás 18.00 horas.

De: Abelaira Rivera Flora a Blanco González Joaquín.

Día: 25 de setembro de 2003.

Horario: das 9.30 ás 13.30 horas e das 16.00 ás 18.00 horas.

De: Blanco González Victorino a Fernández Campos Blandina.

Día: 26 de setembro de 2003.

Horario: das 9.30 ás 13.30 horas e das 16.00 ás 18.00 horas.

De: Fernández Campos Encarnación a López Díaz Fructuoso.

Día: 29 de setembro de 2003.

Horario: das 9.30 ás 13.30 horas e das 16.00 ás 18.00 horas.

De: López Díaz Ubaldina a Sánchez Álvarez María del Carmen.

Día: 30 de setembro de 2003.

Horario: das 9.30 ás 13.30 horas.

De: Sánchez Blanco Manuel a Vilar Fernández Santiago.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos concellos de Petín, A Rúa e Larouco e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Ourense (rúa Sáenz Díez, nº 1-1º) 32003 Ourense.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo ir acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Ourense, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros

padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 23 de xullo de 2003.

José Manuel González Sánchez

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial

de Estradas de Ourense