Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 20 de agosto de 2003 Páx. 10.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 8 de agosto de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona citación para comprobación do imposto de taxa fiscal sobre o xogo pendente de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Manuel Expósito Casas, S.A. e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase citación para comprobación do imposto de taxa fiscal sobre o xogo, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con domicilio na rúa Michelena 30 de Pontevedra, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 8 de agosto de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Manuel Expósito Casas, S.A.

NIF: A-36038495

R/ Fontenla San Xoán-Poio

Pontevedra

Imposto sobre taxa fiscal sobre o xogo

Taxa sobre máquinas recreativas tipo B

Exercicio 2002

Recreativos Rías Altas, S.L.

NIF: B-15074628

R/ Rúa dos Niños, 31-3º C

A Coruña

Imposto sobre taxa fiscal sobre o xogo

Taxa sobre máquinas recreativas tipo B

Exercicio 2002

Recreativos Roberan, S.L.

NIF: B-36027217

Avda. de Marín, 16, baixo

Cangas

Imposto sobre taxa fiscal sobre o xogo

Taxa sobre máquinas recreativas tipo B

Exercicio 2002

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA