Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 20 de agosto de 2003 Páx. 10.755

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Plásticos Camypor, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Plásticos Camypor, S.L., con número de código 3601612, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-5-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de persoal, en data 14-10-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 7 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

Plásticos Camypor, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo afecta a tódolos traballadores da empresa Plásticos Camypor, S.L., dedicada á fabricación de tubos para a conducción de fluídos; foi negociado no marco do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O establecido neste convenio colectivo afectará a todo o persoal da empresa e a tódalas persoas que se incorporen a traballar na citada sociedade no tempo de vixencia do convenio.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no BOP, aínda que os seus efectos económicos terán efecto desde o 1 de xaneiro de 2002, agás disposición contraria nalgún artigo deste convenio e sempre de acordo co sindicato dos traballadores. Este convenio asínase para os anos 2002, 2003 e 2004, data na que se considerará prorrogado por anos naturais, se non mediase denuncia en prazo e forma establecido.

Artigo 4º.-Garantías persoais.

Respectaranse as condicións económicas que sexan superiores ás establecidas neste convenio, a título persoal.

Artigo 5º.-Organización do traballo.

A organización do traballo correspóndelle só á dirección da empresa, dentro da lexislación vixente.

O seu obxectivo é acadar un nivel óptimo de productividade, que poderá ser realidade cando se empregue unha boa actitude e responsabilidade, de empresa e traballadores.

Os representantes dos traballadores terán funcións de orientación, propostas, emisión de informes, etc., no que se relaciona coa organización do traballo, de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 6º.-Persoal contratado.

Os traballadores contratados por tempo determinado terán, durante a vixencia do seu contrato, os mesmos dereitos e igualdade de trato cós demais traballadores do cadro de persoal. Co aviso previo de remate de contrato, xuntarase proposta de liquidación. Tódolos contratos temporais, ó seu remate, terán dereito á indemnización que estableza a lexislación vixente.

O ingreso dos traballadores considerarase feito a título de proba, da que o período será variable segundo os postos que se vaian cubrir sen poder exceder dos seguintes tempos:

-Grupo profesional 6, 7 e 8: 4 meses.

-Grupo profesional 5 e 4: 2 meses.

-Grupo profesional 3, 2 e 1: 1 mes.

Só se entenderá que o traballador está sometido ó período de proba se así consta por escrito. Durante o período de proba, a empresa e o traballador poderán resolver libremente o contrato sen prazo de aviso previo e sen dereito a indemnización ningunha.

En todo o demais, rexerá o disposto na lexislación vixente.

Artigo 7º.-Información de contratos.

A dirección da empresa informará no prazo de tres días os representantes legais dos traballadores, dos contratos realizados por escrito, notificando tódolos datos relativos ás súas condicións laborais, coa soa excepción dos referidos á súa intimidade persoal.

Entregaráselles ós representantes legais dos traballadores, no prazo de 12 días, unha copia íntegra de tódolos contratos de traballo, modificacións ou prórrogas destes.

Artigo 8º.-Contratación.

A empresa comprométese a converte-la contratación temporal en indefinida podendo utilizar para iso os supostos previstos na Lei 63/1997, de medidas urxentes para a mellora do mercado de traballo e o fomento da contratación indefinida.

1. Contratos de duración determinada.

Os contratos de duración determinada por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, poderá ter unha duración máxima de 6 meses dentro dun período de 12 meses.

2. Contratos para a formación.

Os contratos para a formación de acordo coa legalidade vixente estarán dirixidos a favorece-lo adestramento profesional e a formación en postos de traballo dos grupos 3 e 4 e, excepcionalmente, naqueles postos do grupo 2 que pola súa propia natureza requiran un coñecemento e experiencia determinados.

3. Contratos en prácticas.

Os contratos de traballo en prácticas serán os encamiñados a concertar con quen estivera en posesión dun título universitario ou de formación de grao medio, superior ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, todo iso na forma prevista no artigo 11.1º do Estatuto dos traballadores.

As actividades para as que se establecen contratos en prácticas serán as incluídas nos grupos profesionais 3, 4, 5, 6 e 7 do convenio.

4. Contratos de obra ou servicios.

Co fin de potencia-la utilización das modalidades de contratación previstas pola lei e evitar ó máximo a utilización de formas de contratación externas á empresa, particularmente as empresas de traballo temporal, acórdase crear un contrato de obra ou servicio determinado segundo o previsto polo artigo 15.1º do Estatuto dos traballadores, modificado en virtude da Lei 11/1994, do 19 de maio.

Os ditos contratos poderán cubrir todas aquelas tarefas ou traballos suficientemente diferenciados polo volume adicional de traballo que representan, que limitados no tempo e dos que a duración poida preverse, estean directa ou colateralmente relacionados co proceso productivo da empresa. Previamente á utilización desta modalidade contractual, a empresa daralles conta ós representantes dos traballadores da causa obxecto do contrato, así como

das condicións de traballo deles, especificando o número de traballadores afectados, grupos profesionais que se van asignar e duración prevista. A presente inclusión neste convenio non se poderá entender en ningún caso como unha limitación á modalidade contractual prevista no referido artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 9º.-Réxime salarial.

Como na data do asinamento deste convenio xa se publicou a revisión salarial de 2001, estes salarios aplicados durante o ano 2001 quedan da seguinte forma:

Táboa salarial de Plásticos Camypor, S.L.

(incluída revisión salarial)

3 quendas

(pesetas/ano)

4 quendas

(pesetas/ano)

Grupo 11.682.1332.072.388

Grupo 21.799.8822.190.138

Grupo 31.951.2742.341.527

Grupo 42.169.9532.560.204

Grupo 52.472.662

Grupo 62.893.272

Polo que, durante o ano 2002, se procederá a regulariza-la diferencia entre o salario aplicado e o definitivo.

Para o ano 2002, o salario será o que se indique a continuación:

Táboa salarial de Plásticos Camypor, S.L.

3 quendas

Euros/anoPesetas/ano

Grupo 110.352,461.722.504

Grupo 211.077,131.843.079

Grupo 312.008,851.998.105

Grupo 413.354,682.222.032

Grupo 515.217,662.532.006

Grupo 617.806,252.962.711

4 quendas

Euros/anoPesetas/ano

Grupo 112.754,232.122.125

Grupo 213.478,902.242.701

Grupo 314.410,612.397.724

Grupo 415.756,432.621.649

Para os anos 2003 e 2004, o incremento será o establecido polo convenio xeral da industria química.

Artigo 10º.-Antigüidade.

A antigüidade queda conxelada na cantidade percibida mensualmente por cada traballador, na data 1 de xaneiro de 1996.

A partir desa data, a antigüidade rexerase polas seguintes cantidades de carácter anual:

Trienio: 13.050 pesetas (78,43 euros).

Quinquenio: 26.100 pesetas (156,86 euros).

A data de cómputo das antigüidades seguirá o seu curso actual.

Artigo 11º.-Complementos.

1. Complemento de nocturnidade: a contía deste complemento será para o ano 2002 de 8 euros (1.331,09 pesetas) por día traballado en quenda de noite a partir do 1 de xaneiro do ano 2002. Para o ano 2003 revisarase en función do IPC e no ano 2004 negociarase en función do prezo establecido no convenio de químicas para ese ano, no caso de que o prezo de Plásticos Camypor, S.L. fose inferior.

2. Complemento de transporte: inclúese en nómina a cantidade de 1.412 pesetas (8,486 euros) por día efectivamente traballado, ó persoal que na data do 1 de xaneiro de 1996, tivese a condición de fixo de cadro de persoal, relación laboral indefinida en concepto deste complemento. Cada ano este complemento revisarase en función do IPC.

3. Complemento de toxicidade: a súa contía queda fixada no 10% sobre as seguintes cantidades, sempre referido ó persoal de producción, cando determine o organismo competente a existencia da dita toxicidade. Este complemento aplicarase por día de presencia no posto de traballo.

Como na data do asinamento deste convenio xa se publicou a revisión salarial de 2001, este complemento durante o ano 2001 queda da seguinte forma:

As cantidades sobre as que se aplicará o 10% en 2001 son:

Grupo 1: 2.899 pesetas/día; 17,42 A/día.

Grupo 2: 3.105 pesetas/día; 18,66 A/día.

Grupo 3: 3.362 pesetas/día; 20,21 A/día.

Grupo 4: 3.742 pesetas/día; 22,49 A/día.

Grupo 5: 4.261 pesetas/día; 25,61 A/día.

Grupo 6: 4.989 pesetas/día; 29,98 A/día.

Para o ano 2002 as cantidades sobre as que se aplicará o 10% serán:

Grupo 1: 2.986 pesetas/día; 17,95 A/día.

Grupo 2: 3.198 pesetas/día; 19,22 A/día.

Grupo 3: 3.463 pesetas/día; 20,81 A/día.

Grupo 4: 3.854 pesetas/día; 23,16 A/día.

Grupo 5: 4.389 pesetas/día; 26,38 A/día.

Grupo 6: 5.139 pesetas/día; 30,89 A/día.

As cantidades sobre as que se aplicarán nos anos 2003 e 2004 o 10% serán as equivalentes ás que figuren no convenio de químicas para este ano.

Artigo 12º.-Complementos.

A empresa establecerá a partir do asinamento do convenio unha póliza de seguros que cubra os riscos de morte por accidente, invalidez permanente total, invalidez absoluta e gran invalidez excepto infartos motivados por accidente, sexa ou non laboral, nas contías de:

Falecemento: 3.500.000 pesetas (21.035,42 euros).

Invalidez permanente total: 5.000.000 de pesetas (30.050,61 euros).

Invalidez absoluta: 5.000.000 de pesetas (30.050,61 euros).

Gran invalidez: 5.000.000 de pesetas (30.050,61 euros).

As garantías que se citan cobren o traballador durante a xornada laboral e in itinere (desprazamento do traballador desde o seu domicilio ó posto de traballo e viceversa).

No suposto de quebra da compañía de seguros, a empresa non se fai subsidiaria do dito complemento.

Artigo 13º.-Fondo social.

Dotarase un fondo social para os anos 2002, 2003 e 2004 para axudas ós fillos dos traballadores en terreo educativo e garderías que será administrado e controlado por unha comisión mixta para o efecto.

A comisión mixta estará formada polas seguintes persoas: Caridad Portabales Barros, Nieves Carballido Rouco, Ricardo Álvarez Lago e Ángel Troncoso Rodríguez.

No caso de matrimonios nos que os dous cónxuxes traballen na empresa, percibirán a dita axuda os dous traballadores, en proporción á súa xornada laboral.

Terán os mesmos beneficios as parellas de feito rexistradas como tales.

As cantidades que percibirá cada traballador por este concepto e fillo serán:

-Educación especial, aboarase unha cantidade de 40.000 pesetas (240,40 euros) anuais. Considerarase a cualificación dada pola Seguridade Social nese caso para determinar esta circunstancia.

-Garderías infantís (ata 3 anos), aboaranse as seguintes cantidades:

Ano 2002: 30.000 pesetas (180,30 A)/ano.

Ano 2003: 33.000 pesetas (198,33 A)/ano.

Ano 2004: 35.000 pesetas (210,35 A)/ano.

-Educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria ou formación profesional de grao medio:

Ano 2002: 18.000 pesetas (108,18 A)/ano.

Ano 2003: 21.000 pesetas (126,21 A)/ano.

Ano 2004: 24.000 pesetas (144,24 A)/ano.

-Bacharelato ou formación profesional de grao superior:

Ano 2002: 18.000 pesetas (108,18 A)/ano.

Ano 2003: 21.000 pesetas (126,21 A)/ano.

Ano 2004: 24.000 pesetas (144,24 A)/ano.

-Formación superior:

Ano 2002: 35.000 pesetas (210,35 A)/ano.

Ano 2003: 38.000 pesetas (228,38 A)/ano.

Ano 2004: 42.000 pesetas (252,43 A)/ano.

Este fondo social cobrarase no mes de setembro.

Terán dereito ó cobramento deste fondo social aqueles traballadores que permanecesen na empresa desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro do ano anterior ó do pagamento.

Artigo 14º.-Pagas extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias; a súa contía será o soldo base, segundo o grupo ó que se pertence, máis a antigüidade que corresponda a cada traballador.

O pagamento realizarase da seguinte forma:

-Paga de marzo. Na segunda quincena do mes de marzo.

-Paga de xullo. Na primeira quincena do mes de xullo.

-Paga de Nadal. Na segunda decena de decembro.

Artigo 15º.-Xornada laboral.

A xornada de traballo terá unha duración máxima anual de 1.760 horas efectivas para 2002, e 1.752 horas efectivas para o ano 2003, e quedando pendentes as horas efectivas do ano 2004 que serán as aprobadas no convenio de química para o dito ano.

A xornada, por necesidades de producción, poderá ser de luns a venres ou tódolos días do ano.

Xornada continua: enténdese por proceso continuo o do traballo que, debido ás necesidades técnicas, organizativas ou de producción, se realiza as 24 horas do día e durante os 365 días do ano. A retribución neste caso de traballo a xornada continua, rexerase polas táboas mencionada no artigo 9º deste convenio na súa columna 4 quendas.

Os horarios das quendas serán:

-Mañá: das 6.00 ás 14.00 horas.

-Tarde: das 14.00 ás 22.00 horas.

-Noite: das 22.00 ás 6.00 horas.

Cómputo da xornada laboral:

De acordo cos delegados sindicais establecerase un calendario laboral para cada un dos anos de vigor deste convenio. No dito calendario laboral quedarán fixadas as horas efectivas de traballo por mes. Pro

cedendo ó final de cada un dos meses ó cómputo das ditas horas efectivas. Procedendo do seguinte xeito:

1. Poderase fixar distinto número de horas mensuais por equipo de traballo, por traballador e por mes.

2. O traballador que supere o número de horas mensuais establecidas procederá a descansar no mes seguinte as ditas horas.

3. O traballador que non alcance o número de horas efectivas mensuais establecidas cerrará o cómputo mensual sen ter horas pendentes de traballo.

4. Enténdese para o cómputo mensual, que a hora efectiva de traballo é a hora de presencia do traballador no seu posto de traballo. Considérase como hora efectiva de traballo as horas que os delegados sindicais dediquen a representa-la empresa.

Artigo 16º.-Traballos de distinto grupo profesional.

A empresa, en caso de necesidade, poderá destina-los traballadores a realizaren traballos de distinto grupo profesional ó seu, reintegrándose o traballador ó seu antigo posto cando cese a causa que motivou o cambio.

Cando se trate dun grupo superior, este cambio non poderá ser de duración superior a seis meses ininterrompidos, salvo os casos de substitución por servicio militar, enfermidade, accidente de traballo, licencias, excedencia especial e outras causas análogas, caso no que se prolongará mentres subsistan as circunstancias que o motivasen. Transcorridos os seis meses, coas excepcións apuntadas, convocarase concurso-oposición. A retribución, mentres se desempeña traballo de grupo superior, será a correspondente a este.

Cando se trate dun grupo inferior, esta situación non poderá prolongarse por período superior a dous meses ininterrompidos. Non obstante, este prazo prolongarase se así se acorda expresamente entre a empresa e os representantes dos traballadores de acordo con razóns excepcionais que o xustifiquen, e coa previsión de medidas para resolve-lo problema formulado. En todo caso, o traballador conservará a retribución correspondente ó seu grupo de orixe, salvo que o cambio se producise por petición do traballador; neste caso, o seu salario condicionaríase segundo o novo grupo profesional. En ningún caso, o cambio de grupo poderá implicar menoscabo da dignidade humana. Evitarase reitera-lo traballo de grupo inferior cun mesmo traballador.

Nos casos de traballadores adscritos con carácter forzoso a un grupo profesional inferior, por exceso de cadro de persoal, deberán ser reintegrados ó grupo de orixe en canto existan vacantes do seu grupo.

Os traballadores remunerados a obra feita ou primas que supoñan a percepción de complementos especiais de retribución, non poderán ser adscritos a outros traballos de distinto réxime, salvo cando

mediasen causas de forza maior ou as esixencias técnicas da explotación o requirisen.

Artigo 17º.-Vacacións.

Estas serán de 30 días naturais. A súa distribución será de mutuo acordo entre a empresa e os traballadores, tendo en conta os períodos e a maior necesidade de producción. O cadro de distribución das vacacións exporase no taboleiro de anuncios cunha antelación mínima de 3 meses, para coñecemento do persoal.

Desfrutaranse un mínimo de 15 días consecutivos, preferentemente no verán e no Nadal.

Artigo 18º.-Ascensos.

Co fin de establecer unha estructura lóxica de ascensos para evitar que nunha mesma quenda de traballo todo o persoal sexa dun mesmo grupo, crearase unha comisión paritaria, comité de empresa ou delegados co mesmo número de membros por ambas partes que establecerán os ascensos baseándose primordialmente en antigüidade na empresa, anos desempeñados no mesmo posto de traballo, responsabilidade na fabricación e estudio do historial laboral.

O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen mando ou confianza será de libre designación pola empresa.

Na aplicación deste artigo respectarase o dereito igual de tódolos traballadores á promoción, sen que caiba discriminación ningunha por razóns de idade ou sexo.

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

A roupa de traballo que lles entregará a empresa ós seus traballadores consistirá nas seguintes prezas:

-Persoal suxeito á nave de producción (xefes de quenda, persoal de máquinas, mesturadores, mantemento, muiñeiros...): efectuaranse dúas entregas anuais, que intentarán anticiparse ós períodos de verán e inverno. Estas consistirán, cada unha, nun par de botas reforzadas, dúas camisetas e unha funda de cremalleira.

-Persoal de laboratorio: dúas batas en cada unha das entregas anuais.

-Persoal de limpeza: igual que o persoal de laboratorio.

-Persoal de almacén: (xefes de equipo, almaceneiros, sacacarriños...): na entrega de inverno, un par de botas para o frío, un par de botas de auga altas, unha funda cremalleira, roupa de auga e guantes.

Facilitaráselle ó persoal que o requira, á parte do especificado, todo aquel elemento que se considere necesario para a realización do seu traballo.

Artigo 20º.-Permisos e licencias.

O traballador, avisando coa posible antelación, poderá faltar ó traballo, con dereito a remuneración,

por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expón:

1. Dezaoito días naturais no caso de matrimonio.

2. Catro días por nacemento de fillos/as.

3. Dous días naturais en caso de grave enfermidade de pais, avós, fillos e cónxuxes.

3. Por falecementos:

-Pais, avós e irmáns: tres días.

-Cónxuxe e fillo: sete días.

-Netos: dous días.

5. Un día natural en caso de matrimonio de fillos, pais ou irmáns, na data da celebración da cerimonia.

6. Durante un día por traslado do seu domicilio habitual.

7. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, observarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e compensación económica.

8. Polo tempo establecido para desfrutar dos dereitos educativos xerais e da formación profesional nos supostos e na forma regulados na lexislación vixente.

9. Cando por razón de enfermidade o traballador precise a asistencia a consultorio médico en horas coincidentes coas da súa xornada laboral, as empresas concederán, sen perda de retribución, o permiso necesario polo tempo preciso para o efecto, tempo que deberá xustificarse co correspondente volante visado polo facultativo ou persoal debidamente acreditado, sexan ou non da Seguridade Social.

Artigo 21º.-Incapacidade laboral transitoria.

En caso de incapacidade laboral transitoria, motivada por accidente de traballo, requira ou non hospitalización, os traballadores percibirán o 100% da base de cotización do mes anterior, excluíndo o complemento de transporte especial.

No caso de enfermidade común que requira hospitalización, os traballadores percibirán o 100% do seu salario. No suposto de enfermidade que non requira hospitalización, seguirase o seguinte:

a) Primeiros sete días, 100% do seu salario.

b) A partir do oitavo día, 85% do seu salario.

Artigo 22º.-Seguridade e hixiene.

Observarase o disposto na Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 23º.-Dereitos sindicais.

Observarase o disposto no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais normativa vixente.

Artigo 20º.-Ferramentas.

A empresa deberá pór á disposición dos traballadores tódolos utensilios necesarios para o traballo. Por outra banda, o persoal deberá utiliza-las ferramentas postas á súa disposición, para os usos para os que as ditas ferramentas estean indicadas.

Artigo 25º.-Réxime disciplinario.

-Réxime de faltas e sancións.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establecen nos artigos seguintes:

-Graduación das faltas.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase, atendendo á súa importancia, transcendencia e intención, en leve, grave ou moi grave.

-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

1. A falta de puntualidade, ata de tres nun mes, na asistencia ó traballo, con atraso inferior a trinta minutos no horario de entrada.

2. Non cursar no tempo oportuno a baixa correspondente cando se falte ó traballo por motivo xustificado, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo.

3. O abandono do servicio sen causa fundada, mesmo cando sexa por breve tempo. Se como consecuencia deste se orixinase prexuízo dalgunha consideración á empresa ou fose causa de accidente ós seus compañeiros de traballo, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave, segundo os casos.

4. Pequenos descoidos na conservación do material.

5. Falta de aseo e limpeza persoal, cando sexa de tal índole que poida afecta-lo proceso productivo da empresa.

6. Non atende-lo público coa corrección e dilixencia debidas.

7. Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

8. As discusións sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa.

9. Faltar ó traballo un día ó mes, sen causa xustificada.

-Faltas graves.

Consideraranse faltas graves as seguintes:

1. Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade, superiores a cinco minutos, na asistencia ó traballo, nun período de trinta días.

2. Ausencias sen causa xustificada por dous días, durante un período de trinta días.

3. Non comunicar coa puntualidade debida, os cambios experimentados na familia, que poidan afecta-la Seguridade Social. A falta maliciosa nestes datos considérase como falta moi grave.

4. Entregarse a xogos ou distraccións nas horas de traballo.

5. A simulación de enfermidade ou accidente.

6. A desobediencia ós seus superiores en calquera materia de traballo. Se implicase quebranto manifesto da disciplina, ou dela se derivase prexuízo notorio para a empresa, poderá ser considerada como falta moi grave.

7. Simula-la presencia doutro traballador, fichando, contestando ou asinando por el.

8. Neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha do servicio.

9. A imprudencia en acto de traballo: se implicase risco de accidente para o traballador, para os seus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións, poderá ser considerada como falta moi grave.

10. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como empregar ferramentas da empresa para usos propios.

11. A embriaguez fóra de acto de servicio, vestindo o uniforme da empresa, sempre que polo uniforme poida ser identificada a empresa.

12. A reincidencia en falta leve (excluída a de puntualidade), aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e mediada comunicación escrita.

-Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves as seguintes:

1. Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade, superior a cinco minutos, cometidas nun período de seis meses ou vinte, durante un ano.

2. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto á empresa coma ós compañeiros de traballo ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa, ou durante o traballo, en calquera outro lugar.

3. Facer desaparecer, inutilizar, desfacer ou causar desperfectos en primeiras materias, utensilios, ferramentas, maquinaria, aparellos, instalacións, edificios, enxoval e documentos da empresa.

4. A condena por delicto de roubo, furto ou malversación cometidos fóra da empresa, ou por calquera outra clase de feitos que poidan implicar para esta desconfianza respecto do seu autor ou, en todo caso, a de duración superior a seis anos dictada polos tribunais de xustiza.

5. A continuada e habitual falta de aseo e limpeza, de tal índole que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

6. A embriaguez habitual.

7. Vicia-lo segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa ou revelar a elementos estraños a ela, datos de reserva obrigada.

8. Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade ou a falta grave de respecto e consideración ós xefes ou ós seus familiares, así como ós compañeiros e subordinados.

9. Causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia.

10. Abandona-lo posto de responsabilidade.

11. A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal de traballo, sempre que non estea motivada polo exercicio de ningún dereito recoñecido polas leis.

12. Orixinar frecuentes rifas e liortas cos compañeiros de traballo.

13. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro dos seis meses seguintes en que se producise a primeira.

14. O abuso de autoridade por parte dos xefes será sempre considerado como falta moi grave e porase inmediatamente en coñecemento da dirección da empresa.

-Réxime de sancións.

Correspóndelle á empresa a facultade de impoñer sancións nos termos do estipulado neste convenio.

A sanción das faltas leves e graves requirirá comunicación escrita motivada ó traballador e a das faltas moi graves esixirá tramitación de expediente ou procedemento, sumario en que sexa oído o traballador afectado.

En calquera caso, a empresa dará conta ós representantes dos traballadores, ó mesmo tempo có propio interesado, de toda sanción que impoña.

-Sancións máximas.

As sancións máximas que poderán imporse en cada caso, atendendo á gravidade da falta cometida, serán as seguintes:

a) Por faltas leves: amoestación verbal, amoestación por escrito, suspensión de emprego e soldo ata dous días.

b) Por faltas graves: suspensión de emprego e soldo de tres a quince días.

c) Por faltas moi graves: desde a suspensión de emprego de dezaseis a sesenta días ata a rescisión do contrato de traballo nos supostos nos que a falta fose cualificada dun grao máximo.

-Prescrición.

A facultade da empresa para sancionar prescribirá, para as faltas leves, ós dez días; para as faltas graves, ós vinte días, e para as moi graves, ós sesenta días,

a partir da data en que aquela tivo coñecemento da súa comisión e, en calquera caso, ós seis meses de cometerse.

-Graduación de faltas.

Para os efectos de graduación de faltas, non se terán en conta aquelas que se cometesen con anterioridade, de acordo cos seguintes prazos:

Faltas leves: 3 meses.

Faltas graves: 6 meses.

Faltas moi graves: 1 ano.

Artigo 26º.-Denuncia do convenio.

Este convenio terá unha vixencia de tres anos, entrará en vigor a partir do día 1 de xaneiro de 2002, finalizando a súa vixencia o día 31 de decembro do ano 2004.

De conformidade coa lexislación vixente, o convenio poderá ser denunciado tres meses antes da data da súa finalización, comprometéndose ámbalas partes a comezaren os trámites de negociación para un novo convenio a partir da dita data.

En caso contrario estarase suxeito ó establecido no artigo 3º deste convenio.

Artigo 27º.-Comisión paritaria e de vixilancia.

Establécese a comisión mixta paritaria do convenio como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do seu cumprimento.

A comisión estará integrada pola representación de ámbalas partes negociadoras formada por Caridad Portabales Barros, Ricardo Álvarez Lago, Nieves Carballido Rouco e Ángel Troncoso Rodríguez.

Ademais das competencias xerais de interpretación, aplicación e seguimento do convenio, e sen prexuízo das normas xerais do procedemento administrativo e procesuais, a comisión mixta paritaria poderá funcionar por instancia de parte como órgano de mediación dos conflictos derivados da aplicación do convenio.

A comisión mixta paritaria reunirase con carácter ordinario polo menos unha vez ó ano, así como sempre que sexa convocada para o efecto por calquera das partes, convocatoria que se deberá efectuar polo menos con setenta e dúas horas de antelación.

ANEXO I

Tódalas referencias feitas nos artigos anteriores, así como nas táboas salariais anexas ó convenio de químicas, non implican que Plásticos Camypor, S.L. se rexa polo dito convenio, senón que son a referencia adoptada para o convenio de empresa que aprobamos para os anos 2002, 2003 e 2004.

ANEXO II

Grupos de clasificación

-Nivel 6º

Persoal titulado superior que realiza o seu traballo con alto grao de autonomía e responsabilidade.

-Nivel 5º

Persoal técnico de grao medio.

-Nivel 5º

Xefes de producción, xefes administrativos, xefes comercial.

-Nivel 4º

Encargados: encargados de quenda en producción, encargados de almacén.

-Nivel 3º

Oficiais administrativos.

Viaxantes.

Axudantes de laboratorio.

Persoal de producción: persoal especializado que atende as máquinas con total autonomía, encargándose da súa montaxe, desmontaxe e posta en marcha.

-Nivel 2º

Persoal de producción: operarios que atenden as máquinas con total autonomía, que non as montan nin desmontan, aínda que si realizan os procesos de posta en marcha e parada.

Nivel 1º

Auxiliares administrativos e telefonistas.

Subalternos: ordenanzas, vixilantes...

Limpadoras e peóns.

Persoal de producción, operarios non cualificados que realizan labores de carga e descarga en nave de producción e almacén.

Cantidade na que quedan conxeladas as antigüidades o 1 de xaneiro de 1996:

Pesetas/mesEuros/mes

Caridad Portabales2.81416,91

Ricardo Álvarez

Juan Carlos Gil2.81416,91

José Ángel Moreiras

Pedro Iglesias2.81416,91

Carlos Nogueira5.62833,83

José M. Zarandón16.884101,47

Nieves Carballido22.512135,30

Mary Carballido28.140169,12

M. Carmen Domínguez28.140169,12

Cristina Pérez15.97596,01

Manuel Balado21.300128,02

Ángel Nogueira22.512135,30

Jesús Lago5.62833,83

Emilio Vivas

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA