Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso, do contrato de subministración que se cita.

a) Material informático con destino ós servicios periféricos (oficinas das zonas e dos portos) e á Área de explotación e planificación do ente público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de explotación e planificación.

c) Número de expediente: 12-48-A-103.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: material informático con destino ós servicios periféricos (oficinas das zonas e dos portos) e á Área de explotación e planificación do ente público Portos de Galicia.

b) Números de unidades que hai que entregar: segundo o indicado no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) División por lotes e número:

d) Lugar de entrega: servicios centrais e oficinas de destino de Portos de Galicia segundo o indicado no prego de prescricións técnicas particulares.

e) Prazo de entrega: corenta e cinco (45) días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 73.828,20 euros.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 902 40 08 70.

e) Telefax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Enderezo na Internet: http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=2936.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro do ente público Portos de Galicia.

2. Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6º.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707 (ou na forma establecida no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas).

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: admítense variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A, publicándose no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia