Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2003 pola que se anuncia o concurso público 5/2003, polo procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación dos expedientes que se citan.

Subministración:

Expediente nº 2003/1016.

Obxecto: pupitres en bancada para aulas.

Centro e localidade: Facultade de CC. Económicas e Empresariais e E.U. de Estudios Empresariais. A Coruña-Elviña.

Importe da licitación: 160.000,00 euros.

Expediente nº 2003/1017.

Obxecto: equipamento hostaleiro.

Centro e localidade: cafetería do edificio da Facultade de CC. Económicas e Empresariais e da E.U. de Estudios Empresariais. A Coruña-Elviña.

Importe da licitación: 149.480,00 euros.

Expediente nº 2003/1018.

Obxecto: vitrinas extractoras de gases para laboratorios.

Centro e localidade: edif. dos Servicios Centrais de Apoio á Investigación, A Coruña-Elviña.

Importe da licitación: 100.026,00 euros.

Expediente nº 2003/1019.

Obxecto: servidor Unix para xestión bibliotecaria.

Centro e localidade: Servicios Informáticos de Xestión, Rectorado, A Coruña.

Importe da licitación: 43.500,00 euros.

Instalacións:

Expediente nº 2003/3006.

Obxecto: enxeñería e instalación de baterías e plantas de frío no sistema de climatización.

Centro e localidade: edificio dos Servicios Centrais de Investigación, A Coruña-Elviña.

Importe da licitación: 174.000,00 euros.

Servicios:

Expediente nº 2003/4010.

Obxecto: servicio de cafetería-comedor do edificio da Facultade de Filoloxía.

Centro e localidade: edificio da Facultade de Filoloxía, A Zapateira, A Coruña.

Canon: 5.250,00 euros/ano.

Expediente nº 2003/4012.

Obxecto: servicio de cafetería-comedor do edificio da E.T.S. de Arquitectura.

Centro e localidade: edificio da E.T.S. de Arquitectura, A Zapateira, A Coruña.

Canon: 7.600,00 euros/ano.

Expediente nº 2003/4013.

Obxecto: servicio de cafetería-comedor do Campus de Oza, A Coruña.

Centro e localidade: Centro Universitario de Oza, A Coruña.

Canon: 8.100,00 euros/ano.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a indicada para cada expediente.

b) División por lotes e número:

c) Lugar de entrega/execución: A Coruña ou Ferrol segundo o especificado en cada expediente.

d) Prazo de entrega/execución (meses): os arriba sinalados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

a) Importe total: os indicados para cada expediente.

b) Prima: a indicada para cada expediente.

c) Canon: o indicado para cada expediente.

5. Garantías.

a) Provisional: a indicada para cada expediente.

b) Definitiva: a indicada para cada expediente.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade da Coruña. Servicio de Xestión Económica.

b) Enderezo: rúa Mestranza, 9.

c) Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: 981 16 70 00.

e) Telefax: 981 16 70 12.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Universidade da Coruña. Rectorado. Rexistro xeral.

2º Enderezo: rúa Mestranza, 9.

3º Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade da Coruña.

b) Enderezo: rúa Mestranza, 9.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións; se este día fose inhábil ou sábado, realizarase o seguinte día hábil.

e) Hora: 11.00 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

A Coruña, 12 de agosto de 2003.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

Víctor M. Cabrera Sánchez

Xerente da Universidade da Coruña