Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a subministración dos materiais precisos para a reparación e mellora dos ascensores situados nos pavillóns E e D do Centro de Educación Especial Santiago Apóstol. (Expediente 51/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato: subministración dos materiais precisos para a reparación e mellora dos ascensores situados nos pavillóns E e D do Centro de Educación Especial Santiago Apóstol.

3. Prazo de execución: 75 días.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

5. Orzamento base de licitación. Importe total: corenta mil trescentos noventa e catro euros con noventa e seis céntimos (IVE incluído).

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela; teléfono: 981 54 56 50/54 01 03, fax: 981 54 56 91, www.xunta.es/contratacion

8. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

10. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 7 ás 9.30 horas do sétimo día natural seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

11. Gastos dos anuncios: 9,56 euros/liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais