Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da L.A.T. aérea a 132 kV desde a subestación do Parque Eólico Álabe-Terral ata a L.A.T. aérea existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto, así como a súa prevalencia sobre o permiso de investigación Togiza 5531. (Expediente 037/2001 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Acciona Eólica de Galicia, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en parque empresarial La Moraleja, avda. de Europa nº 18, 28108 Alcobendas, Madrid, sobre autorización de instalacións e utilidade pública da L.A.T. aérea a 132 kV desde a

subestación do Parque Eólico Álabe-Terral ata a L.A.T. aérea existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto; resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O 5 de decembro de 2001, Juan Antonio Alonso Comerma, en nome e representación de Acciona Eólica de Galicia, S.A., solicitou a autorización administrativa, aprobación de proxecto de execución e declaración de utilidade pública da citada instalación, presentando o preceptivo proxecto de instalación a que fai referencia o Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

* Liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, para interconexión do Parque Eólico Álabe-Terral e a liña eléctrica aérea de alta tensión existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto, de 2.003 metros de lonxitude, composta por un circuíto cun conductor por fase LA-180 e cable de terra OPGW sobre apoios metálicos de celosía.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia; Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental; da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; e do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; mediante resolución da Delegación Provincial de Industria de Lugo do 15 de outubro de 2002, publicada no BOP de Lugo do 9 de novembro, no DOG do 20 de novembro, o xornal El Progreso do 26 de outubro e nos taboleiros de anuncios do Concello de Abadín, e déuselles coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Manuel Fernández Blanco, en representación de Cubiertas de Pizarra Reunidas y Agrupadas de Exportacion, S.A. (Cupire-Padesa) manifesta:

a) Considera incomprensible que se tramite a L.A.T. citada, de evacuación do Parque Eólico Álabe-Terral, antes de que se aprobe este parque sen, ademais, terlle sido notificado persoalmente como afectado.

b) Oponse á autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto

de execución e proxecto sectorial da L.A.T. que afecten o permiso de investigación Togiza nº 5531, do que é cotitular.

c) Considera incompetente para outorga-la autorización administrativa a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas; alega que a urxente ocupación que leva aparellada a declaración de utilidade pública só pode acordala o Consello da Xunta de Galicia.

d) Considera que é incorrecta a orde de tramitación dos expedientes do Parque Eólico Álabe-Terral e da L.A.T. de evacuación citada.

e) Considera inconstitucional o art. 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico.

f) Considera que nin a Rede Natura 2000 nin a Lei do solo poden prohibi-la explotación de recursos mineiros a ceo descuberto.

Terceiro.-O 5 de xullo de 2002, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto.

Cuarto.-Por Resolución do 13 de marzo de 2003, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu formula-la declaración de impacto ambiental da L.A.T. citada, que se publicou no DOG do pasado 4 de xuño de 2003.

Quinto.-Con data do 28 de abril de 2003, ábrese, por parte da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas período de presentación de alegacións, en cumprimento do trámite de audiencia previsto no artigo 84 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, co obxecto de determina-la compatibilidade ou incompatibilidade da actividade de transporte de enerxía eléctrica coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado. As partes presentaron durante o prazo establecido para o efecto as alegacións e xustificacións que estimaron pertinentes.

Sexto.-Con data do 2 de xullo de 2003, os servicios técnicos da dirección xeral, examinado o expediente, emiten informe favorable da prevalencia da L.A.T. aérea a 132 kV desde a subestación do Parque Eólico Álabe-Terral ata a L.A.T. aérea existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto sobre o permiso de investigación Togiza nº 5531 na zona comprendida entre a intersección do permiso co tramo de liña entre os apoios 2 e 3 e o entroncamento coa L.A.T. Mondoñedo-Montouto (considerando incluída na zona afectada toda a infraestructura asociada á L.A.T. cunha marxe de protección de cen metros a cada lado dela).

O citado informe manifesta textualmente:

«Informe sobre o expediente de compatibilidade entre a L.A.T. 132 kV P.E. Álabe-Terral L.A.T. 132 kV Mondoñedo-Montouto e o permiso de investigación Togiza nº 5531.

1. Antecedentes.

Durante a tramitación da declaración de utilidade pública da L.A.T. 132 kV desde a subestación do parque eólico de Álabe-Terral ata a L.A.T. aérea 132 kV Mondoñedo-Montouto, solicitado pola sociedade Acciona Eólica de Galicia, S.A., detectouse a posible interferencia das actuacións pretendidas neste proxecto coas previstas para o permiso de investigación Togiza nº 5531, polo que esta dirección xeral abriu, o 30 de abril de 2003, un trámite de audiencia coas partes interesadas, para así proceder a determina-la compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos públicos en xogo.

Para a realización deste informe examináronse, ademais das alegacións presentadas polas partes dentro do trámite de audiencia, os seguintes documentos:

* Expediente e proxectos a L.A.T. 132 kV desde a subestación do parque eólico de Álabe-Terral ata a L.A.T. aérea 132 kV Mondoñedo-Montouto.

* Expediente e proxectos do permiso de investigación Togiza nº 5531.

2. Resumo dos proxectos e alegacións presentadas.

Vanse resumir neste epígrafe os proxectos e alegacións de cada unha das sociedades implicadas.

a) Acciona Eólica de Galicia, S.A.

O proxecto de L.A.T. 132 kV desde a subestación do parque eólico de Álabe-Terral ata a L.A.T. aérea 132 kV Mondoñedo-Montouto ten as seguintes características:

Características técnicas do proxecto:

L.A.T. aérea a 132 kV, de 2.003 m de lonxitude para a interconexión do Parque Eólico Álabe-Terral coa L.A.T. existente a 132 kV (Mondoñedo-Montouto), composta por un circuíto cun conductor por fase LA-180 e cable á terra OPGW sobre apoios metálicos de celosía e situada no termo municipal de Abadín.

Alegacións.

En resumo son as seguintes:

* En referencia ó permiso de investigación Togiza nº 5531:

-Estima que non existirá ningunha interferencia entre os labores proxectados para o permiso de investigación coa liña eléctrica.

-Independentemente do exposto considera que, dado que o proxecto mineiro se desenvolve nunha zona proposta para a súa inclusión na Rede Natura 2000, son mínimas as posibilidades dos titulares do dereito mineiro de obter unha declaración ambiental positiva, polo que non podería ser autorizada unha futura explotación mineira.

* Finalmente e como conclusión solicita que se declare a compatibilidade do parque eólico co per

miso de investigación Togiza nº 5531 e, no caso de non apreciarse isto, que se declare prevalente a L.A.T. da súa titularidade.

b) Cupire-Padesa, S.A. e Revestimientos Naturales, S.L.

Titulares do permiso de investigación Togiza nº 5531.

Permiso de investigación Togiza nº 5531.

* Outorgado o 11 de marzo de 1998, sobre 123 cuadrículas mineiras. O recurso obxecto da investigación é granito ornamental.

* Autorizouse con data do 22 de novembro de 2002 unha prórroga parcial de dous anos sobre dúas zonas, sendo a primeira delas de superficie de 13 cuadrículas mineiras, a afectada neste expediente.

Alegacións.

Pódense resumir nos seguintes aspectos:

* Prioridade do permiso de investigación sobre a L.A.T. por ter sido solicitado con anterioridade. No caso de non ser así, solicitan que se lles inclúa como afectados no procedemento expropiatorio e se denegue a urxente ocupación dos terreos.

* Considera que a proposta de Rede Natura 2000 non pode afecta-los seus dereitos mineiros por seren estes moi anteriores á formulación desa proposta.

* O órgano competente para o outorgamento da autorización administrativa é o Consello da Xunta de Galicia, non a Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

* Petición de responsabilidade patrimonial da Administración por funcionamento anormal dos servicios públicos da Administración mineira galega en caso de ser autorizada a L.A.T.

* Inconstitucionalidade do artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

* Nin a Rede Natura 2000 nin a Lei do solo poden prohibi-la explotación de recursos mineiros ó descuberto.

* A explotación de granito é considerada prioritaria pola lexislación mineira, sendo esta lexislación, de carácter básico, de rango superior a calquera lei galega.

* Inconstitucionalidade da lexislación ambiental galega.

* Finalmente e como conclusión, solicita que se declare a prevalencia do permiso de investigación Togiza nº 5531 sobre a L.A.T. e, en caso contrario, que se teña presentada responsabilidade patrimonial da Administración pública galega por irregular funcionamento dos seus servicios públicos e que se inclúa o permiso de investigación na relación de bens e dereitos para expropiar.

3. Conclusións.

Ó se-lo parque eólico o punto común do expediente, imos examinar por separado a posible com

patibilidade deste con cada un dos dereitos mineiros por separado. As alegacións que non teñen que ver directamente coa compatibilidade deberán ser contestadas na resolución correspondente.

a) Permiso de investigación Togiza nº 5531.

O permiso de investigación, na superficie para a que foi prorrogado, afecta a L.A.T. nunha lonxitude aproximada duns 400 m, comprendida entre a intersección do permiso co tramo de liña entre os apoios 2 e 3 e o entroncamento coa L.A.T. Mondoñedo-Montouto, ademais da súa infraestructura eléctrica asociada. Nesta zona os labores previstos son incompatibles, considerándose prevalente a L.A.T, por ser esta necesaria para a evacuación da enerxía producida no Parque Eólico Álabe-Terral, que foi declarado prevalente por Resolución do 30 de abril de 2003 sobre este mesmo permiso de investigación, polo que consecuentemente tamén ten que ser prevalente a súa liña de evacuación.

En resumo, considérase que debe declararse a prevalencia da L.A.T. 132 kV desde a subestación do Parque Eólico de Álabe-Terral ata a L.A.T. aérea 132 kV Mondoñedo-Montouto sobre o permiso de investigación Togiza nº 5531 na zona comprendida entre a intersección do permiso co tramo de liña entre os apoios 2 e 3 e o entroncamento coa L.A.T. Mondoñedo-Montouto (considerando incluída na zona afectada toda a infraestructura asociada á L.A.T. cunha marxe de protección de cen metros a cada lado dela).

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro; o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, e o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio; o Decreto 36/2001, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, xa citados.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación por parte da empresa promotora e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1) En relación ás alegacións presentadas por Manuel Fernández Blanco, en representación de Cubiertas de Pizarra Reunidas y Agrupadas de Expor

tacion, S.A. (Cupire-Padesa) cabe manifesta-lo seguinte:

* A liña eléctrica obxecto da resolución ten unha tramitación independente do Parque Eólico Álabe-Terral.

* O órgano competente para o recoñecemento da utilidade pública é a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, que ten ademais atribuída a competencia para a autorización da instalación.

* As alegacións sobre a inconstitucionalidade do art. 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, e da lexislación ambiental galega, sáense do obxecto da resolución.

* As consideracións sobre a imposibilidade de que a Rede Natura 2000 e a Lei do solo poidan prohibi-la explotación de recursos mineiros ó descuberto, sáense do obxecto da resolución.

* En canto á resolución sobre a compatibilidade ou incompatibilidade da actividade da L.A.T. aérea a 132 kV desde a subestación do Parque Eólico Álabe-Terral ata a L.A.T. aérea existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto, coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial, esta dirección xeral acepta o informe dos servicios técnicos desta dirección xeral do 2 de xullo de 2003, e que serve de motivación á presente resolución neste extremo ó incorporarse ó texto desta, tal e como establece o artigo 89.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autoriza-la L.A.T. aérea a 132 kV desde a subestación do Parque Eólico Álabe-Terral ata a L.A.T. aérea existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto, no concello de Abadín (Lugo).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

3. Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións da L.A.T. aérea a 132 kV desde a subestación do Parque Eólico Álabe-Terral ata a L.A.T. aérea existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Declara-la prevalencia da L.A.T. aérea a 132 kV desde a subestación do Parque Eólico Álabe-Terral ata a L.A.T. aérea existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto sobre o permiso de investigación Togiza nº 5531 na zona comprendida entre a intersección

do permiso co tramo de liña entre os apoios 2 e 3 e o entroncamento coa L.A.T. Mondoñedo-Montouto (considerando incluída na zona afectada toda a infraestructura asociada á L.A.T. cunha marxe de protección de cen metros a cada lado dela).

5. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de nove meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas