Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación denominado Carrizo, número 3015, nos concellos de Ponte Caldelas e A Lama da provincia de Pontevedra, por parte de Gesumi XXI, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra fai saber que Gesumi XXI, S.L. con domicilio social na r/ Valle de Oro 36, baixo esquerda, Madrid, presentou nesta delegación provincial o día 25 de abril de 2003 instancia-solicitude do permiso de investigación denominado Carrizo, sobre unha superficie de dez cuadrículas mineiras para a investigación de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Ponte Caldelas e A Lama da provincia de Pontevedra, ó que lle correspondeu o número 3015.

A designación do terreo, en coordenadas xeográficas, é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

V18º 27' 20''42º 23' 00''

V28º 26' 00''42º 23' 00''

V38º 26' 00''42º 22' 00''

V48º 26' 40''42º 22' 00''

V58º 26' 40''42º 22' 20''

V68º 27' 20''42º 22' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial. Pasado o dito prazo, non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 10 de xullo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra