Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 18 de agosto de 2003 Páx. 10.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/387).

Visto o expediente para otorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de

execución e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T, Congostro.

Situación: Aranga.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,783 km, coa orixe na L.M.T. proxectada a C.T. Montemeá-Castizón e final no C.T. proxectado Congostro. Centro de transformación, tipo intemperie Congostro, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación de 15.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea cunha lonxitude de 0,027 km, coa orixe no C.T. proxectado Congostro e conductor tipo R.Z. no termo municipal de Aranga.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, en no título VII do Real decreto, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

A propietaria do predio nº 1, María Josefa López Sante, solicita o cambio de trazado da liña que se vai construír.

Unión Fenosa Distribución, S.A., manifesta que o trazado da liña cumpre co disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, R.T.L.E.A.T., e en especial o artigo 4, no que di que as liñas eléctricas se estudiarán seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto no seu intento de logra-la solución óptima para o conxunto da instalación.

Os propietarios dos predios nº 4 e nº 9, José Vázquez Sánchez e Aurelio Miranda Vidal, respectivamente, solicitan un cambio de trazado o que se execute en subterráneo.

Unión Fenosa Distribución, S.A., manifesta que os prexuízos poderán ser valorados na folla de aprecio. Que a alternativa proposta aumenta o número de afectados e que a liña podería discorrer paralela ó camiño pero gardándo as distancias regulamentarias, en consecuencia discorrería por outros predios. Que a alternativa subterránea supera o 10% do orzamento da parte afectada. Achegar os cálculos realizados.

A propietaria do predio nº 6, Celia Vázquez Sánchez solicita que a liña afecte o menos posible a súa producción arbórea, e que o predio forma parte dunha herdanza familiar, pide a anulación da autorización administrativa.

Unión Fenosa Distribución, S.A., solicita a declaración de utilidade pública dado que se proxecta co fin de garantir e mellora-la calidade e seguridade da subministración eléctrica na zona de Congostro.

Manifesta tamén que se pode ver sobre o plano que a liña se axusta ó camiño existente intentando que o prexuízo ocasionado na mesma sexa o menor posible. Que, en caso de non chegar a un acordo amigable, poderá no seu momento presenta folla de aprecio valorando os prexuízos que estime que lle cause esta instalación eléctrica sobre a súa propiedade, co fin de que o Xurado Provincial de Expropiación determine o prezo xusto definitivo.

A propietaria do predio nº 7, Rosa María Gómez Vázquez, alega que é propietaria do predio denominado Pontella e non Campo. Que está plantado de árbores e que o actual trazado causa un grave dano á súa propiedade. Que existe a posibilidade dun trazado alternativo que bordea o predio, o instalar a dita liña de forma subterránea.

Unión Fenosa Distribución, S.A., manifesta que de non chegar a un acordo amigable, poderá no seu momento presentar folla de aprecio valorando os prexuízos que estime lle cause a instalación, co fin de que o Xurado Provincial de Expropiación determine o prezo xusto definitivo. Que a alternativa suxerida implica librar de servidume o predio e varia-los afectados propostos e incluír novos propietarios, dado que a liña debe garda-las distancias regulamentarias á camiño polo que o trazado sería a través de outros predios. Referente á liña subterránea, non pode levarse a cabo por imcumprilo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, que non é admisible a variante cando o seu custo supere nun 10% o orzamento da parte da liña afectada. Achega os cálculos realizados.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra essta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 7 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña