Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 18 de agosto de 2003 Páx. 10.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de xuño de 2003 polo que se corrixe o erro material detectado no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2002 polo que se aproba definitivamente a modificación do plan sectorial de incidencia supramunicipal Plan Eólico de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 28.5º do Decreto 80/2000, do 23 de maio, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 4 de xuño de 2003 no que se corrixe o erro material detectado no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2002, polo que se aproba definitivamente a modificación do plan sectorial de incidencia supramunicipal Plan Eólico de Galicia, publicado mediante resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas no DOG nº 2, do 3 de xaneiro de 2003:

O Consello da Xunta acorda:

Corrixi-lo erro material detectado no título e no número 1 da parte dispositiva do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 5 de decembro de 2002, nos seguintes termos:

Onde di: «... a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan Eólico de Galicia...», debe dicir: «... a modificación do plan sectorial de incidencia supramunicipal Plan Eólico de Galicia».

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas