Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 18 de agosto de 2003 Páx. 10.682

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (42/2003).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña fago saber que nos autos nº 42/2003 seguidos por instancia de Clifford Paul da Prato Pollitt contra W.S.I. Coruña S.L., W.S.I. Lugo S.L. e Fogasa sobre reclamación de cantidades, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 14 de xullo de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por Clifford Paul da Prato Pollitt, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 10.884,1 A polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e nese sentido debo condenar e condeno ás empresas W.S.I. Coruña S.L., e W.S.I. Lugo S.L. a que estando e pasando por tal declaración lle aboen ó demandante a cantidade de 10.884,14 A en concepto de salarios, gastos e horas extras máis o 10% de xuros por mora desde a data do seu correspondente devengo.

E debo absolver e absolvo a Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do E.T.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que contra a dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anunciar o recurso, o ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a W.S.I. Coruña S.L., e W.S.I. Lugo S.L. que tiveron o seu último enderezo coñecido na rúa Juan Flórez 3 da Coruña e avda. da Coruña, de Lugo, respectivamente, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 14 de xullo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado