Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 18 de agosto de 2003 Páx. 10.681

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BANDE

EDICTO (100/2002).

No procedemento de referencia dictouse o día 28 de abril de 2003 a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«En Bande o vinteoito de abril de dous mil tres.

Mónica Fernández Salgado, xuíza substituta de Primeira Instancia e Instrucción número un de Bande e o seu partido, tendo visto os presentes autos de separación contenciosa 100/2002, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha, como demandante, Nila da Mota López, coa procuradora Mónica Quintas Rodríguez e o letrado D.A. Fco. Veloso, e doutra como demandado Nelson López Reyes, en situación de rebeldía procesual.

Que, estimando a demanda interposta pola procuradora Mónica Quintas Rodríguez, en nome e representación de Nila da Mota López contra Nelson López Reyes, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro a separación matrimonial de ámbolos cónxuxes con tódolos efectos legais.

Unha vez firme esta resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito perante este xulgado no termo de 5 días.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, como consecuencia do paradoiro ignorado de Nelson López Reyes, emítese este edicto en Bande o once de xullo de 2003. Dou fe.

O secretario

Rubricado