Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 18 de agosto de 2003 Páx. 10.681

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

CÉDULA de emprazamento (117/2001).

Por telo así acordado na peza de apelación co número 117/2001, séguese perante esta sección terceira en virtude de recurso interposto contra sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número catro da Coruña, en autos de xuízo de menor contía número 686/1996, seguido por instancia de María del Carmen Bello Ben e fillos contra José Antonio Fernández Montero, Juan Manuel Sáenz Chas e outros sobre indemnización de danos e perdas por causa de accidente laboral, e por medio desta cédula emprázanse os posibles herdeiros de José González Robatto para, no improrrogable termo de dez días, compareceren na peza arriba mencionada, co apercibimento de que, caso de non o verificaren, será declarada a súa rebeldía; e para que conste e sirva de emprazamento ós herdeiros de José González Robatto, expido e asino esta cédula na Coruña o vintedous de xullo de dous mil tres.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE BANDE