Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 18 de agosto de 2003 Páx. 10.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizada por acordo desta dirección xeral, de data 29 de maio de 2003, o alleamento en pública poxa dos bens embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como da propiedade da debedora Emilia Pérez Curto con DNI: 34232987-V que a continuación se describen:

Lote 1:

Embargo dos dereitos hereditarios sobre un œ do predio rústico Al Sitio de la Granja, secaño sito na parroquia de Piñeira, municipio de Monforte de Lemos, dunha superficie de 41 áreas e 50 centiáreas. Lindeiros: norte, regato, sur, parcela; leste, estrada Nova de Ourense e oeste, estrada do Reboredo. Predio 22731.0, tomo 643, libro 242, folio 146, do Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos.

Valor: 49.800,00 A.

Cargas: 89.060,21 A.

Tipo: 8.232,02 A.

Lote 2:

Embargo dos dereitos hereditarios sobre o predio rústico Regata, terreo a secaño de 64 áreas e 83 centiáreas, sito en Monforte de Lemos. Lindeiros: Norte, Ramón Curto Sánchez, sur, camiño, leste, predio rexistral nº 22.242 e oeste, predio 5-139 de Raimundo González Díaz. Predio 22241.0, tomo 638, libro 239, folio 191, del Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos.

Valor: 8.427,90 A.

Cargas: 118.932,43 A.

Tipo: 8.232,02 A.

Lote 3:

Embargo dos dereitos hereditarios do predio rústico Toxal de Balboa, predio a toxal sita en Monforte de Lemos, cunha superficie de 14 áreas e 7 centiáreas. Lindeiros: norte Enrique López; sur, camiño; leste herdeiros de Juan Fernández e oeste, María Rodríguez. Predio 22243.0, tomo 638, libro 239, folio 193, do Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos.

Valor: 2.110,50 A.

Cargas: 118.932,43 A.

Tipo: 8.232,02 A.

Lote 4:

Embargo dos dereitos hereditarios sobre o predio rústico Dos Lameiros, prado sito en Monforte de Lemos, cunha superficie de 6 áreas e 47 centiáreas. Lindeiros: norte herdeiros de Pedro Vila; sur, Pedro Vila Olmo, leste Andrés Lozano e oeste, Pedro Vila Olmo. Predio 22244.0, tomo 638, libro 239, folio 194, do Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos.

Valor: 970,50 A.

Cargas: 118.932,43 A.

Tipo: 8.232,02 A.

Lote 5:

Embargo dos dereitos hereditarios sobre o predio rústico Chao, secaño dunha superficie de 63 áreas e 97 centiáreas, sita en Monforte de Lemos. Lindeiros: norte, camiño; sur, predio 4-70 de Josefa Vázquez; leste, predio rexistral nº 22240 e oeste, Antonio Rodríguez Boquete e Ramón Rodríguez Pereira. Predio 22239.0, tomo 638, libro 239, folio 189, do Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos.

Valor: 15.992,50 A.

Cargas: 118.932,43 A.

Tipo: 8.232,02 A.

Lote 6:

Embargo dos dereitos hereditarios sobre o predio. Soar sito na rúa Ourense, 102 de Monforte de Lemos cunha superficie de 1.220 m. Lindeiros: dereita, máis desta propiedade e de José Luis Iglesias, esquerda, Carmen Taboada de Zúñiga; fondo, camiño público e fronte, rúa Ourense. Predio 10943.0, tomo 498, libro 156, folio 239, Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos.

Valor: 215.000,00 A.

Cargas: 89.060,21 A.

Tipo: 125.939,79 A.

Lote 7:

Embargo dos dereitos hereditarios sobre o predio. Soar sito na rúa Ourense s/n de Monforte de Lemos

cunha superficie de 420 m. Lindeiros: norte, máis do señor Pérez Castrillo; sur predio matriz; leste, estrada de Ourense e oeste, camiño público. Predio 11062, tomo 499, libro 157, folio 163, do Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos.

Valor: 115.000,00 A.

Cargas: 89.060,21 A.

Tipo: 25.939,79 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona.

DISPOÑO:

Que o día 3 de setembro de 2003 ás 10.00 horas, na Sala de Xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo r/ Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, teña lugar a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3. Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con posturas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no Rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será alomenos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfacen o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7. Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas o remate do prazo do mes dende o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA