Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal deste concello, en sesión realizada o día 29 de xullo de 2003 adoptou o acordo número 2425 polo que se aproba definitivamente o proxecto reformado de compensación do polígono 16 do convenio urbanístico número 21, na Caeira, Poio, redactado polo arquitecto Miguel López Álvarez, visado polo Colexio Oficial de Arquitectos o día 27-1-2003, presentado pola sociedade Conprocaeira, S.L., e a valoración do aproveitamento urbanístico que correspondente ó concello e a súa reducción a metálico.

Contra este acordo pódese, directamente no prazo dun mes, desde a publicación deste anuncio, interpoñe-lo recurso de reposición ante esta Alcaldía, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O dito recurso deberá resolverse no prazo dun mes desde a formulación do recurso de reposición e, pasado este mes, enténdese desestimado; e contra a desestimación por silencio pode interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de seis meses, de con

formidade cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Poio, 8 de agosto de 2003.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde