Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Quiroga, na sesión extraordinaria do 11 de xullo de 2003, adoptou, entre outros, o acordo que se transcribe a continuación, na súa parte dispositiva. Publicándose no BOP e no DOG, en cumprimento do artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Proposta dictaminada pola comisión informativa sobre a aprobación definitiva do estudio de detalle da rúa Arroio.

Visto o expediente, as explicacións do secretario-interventor e o dictame favorable da comisión informativa, aprobado cos votos a favor dos señores Álvarez Núñez Bao Mondelo, Miranda Méndez, Rodríguez Raposo e o voto en contra do señor López Macía.

O Pleno do Concello, en votación ordinaria, e por unanimidade dos asistentes,

ACORDA:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle presentado por Tomás Arias Construcciones, S.L., para o reaxuste de aliñacións na rúa Xeneral Franco, agora rúa Real, esquina coa rúa Arroio, ratificando así o decreto da Alcaldía con data do 6 de maio de 2003.

Segundo.-Somete-lo acordo de aprobación definitiva á publicación, no prazo dun mes desde a súa adopción, no DOG e o documento que conteña a normativa no BOP.

Terceiro.-Comunica-lo acordo de aprobación definitiva á Consellería de Política Territorial, dándolle traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do estudio de detalle con tódolos planos e documentos que o integran, debidamente dilixenciados polo secretario-interventor.

Cuarto.-No anuncio de aprobación definitiva farase consta-la remisión da documentación á consellería.

Quiroga, 16 de xullo de 2003.

Julio Álvarez Núñez

Alcalde