Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Ourense para a contratación da xestión do servicio público de explotación dos puntos limpos de titularidade do Concello de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: Servicio de Patrimonio e Contratación.

c) Número de expediente: 39/03.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión do servicio público competencia do Concello de Ourense consistente na explotación dos puntos limpos localizados conforme as características e condicións recollidas nos pregos de condicións técnicas e no réxime de prestación do servicio que figura no expediente e do que o conxunto de documentos integrantes ten carácter contractual.

Os puntos limpos obxecto de contratación son os seguintes:

-Punto limpo de Santa Mariña.

-Punto limpo de Vilar de Astrés.

b) Prazo de execución: 4 anos. Poderá prorrogarse por acordo expreso das partes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 72.000 euros/ano, IVE incluído.

5. Garantía provisional: cinco mil setecentos sesenta euros (5.760 A), en calquera das formas previstas no artigo 35.1º do Real decreto lexislativo 2/2000.

6. Obtención de información.

a) Entidade: Servicio de Patrimonio e Contratación.

b) Domicilio: Concello de Ourense, praza Maior nº 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Teléfono: 988 38 81 61.

e) Fax. 988 38 81 85.

f) Fecha límite de obtención de documentación e información: ata o remate do prazo de presentación de propostas.

7. Recollida de documentación.

Copistería: Copyplaza, praza Maior nº 8, baixo.

Teléfono/fax: 988 25 58 27.

8. Requisitos do licitador.

a) Os establecidos no punto 8 do prego de cláusulas administrativas.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, desde a última publicación no DOG ou BOP.

b) Documentación para presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na praza Maior nº 1, Ourense (32005), de 9.00 a 13.00 horas.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a apertura de proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: salón de sesións do Concello de Ourense.

b) Enderezo: praza Maior, 1.

c) Data: quinto día hábil seguinte a aquel no que finalice o de presentación de proposicións, ás 12.00 horas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Ourense, 17 de xullo de 2003.

José Luis Rodríguez Cid

Alcalde accidental