Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación do Concello, en sesión que tivo lugar o día 31 de xullo de 2003, aprobou inicialmente a modificación puntual na r/ Obispo Argaya, zona A Gándara, redactado polos servicios técnicos municipais.

De acordo co establecido no artigo 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio no DOG, para que os interesados poidan formula-las alegacións que consideren pertinentes.

O expediente e demais documentación quedan de manifesto nas dependencias de Obras e Urbanismo do concello.

A aprobación inicial da modificación puntual determinará automáticamente, por aplicación do disposto no artigo 77.2º da Lei 9/2002, a suspensión de outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación, para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Narón, 1 de agosto de 2003.

Xoán Gato Díaz

Alcalde