Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2003 pola que se somete a información pública o Plan de Utilización dos Espacios Portuarios do Porto de Rianxo.

O ente público Portos de Galicia, en cumprimento do disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, elaborou o Plan de Utilización dos Espacios Portuarios do Porto de Rianxo.

Este documento sométese a información pública, para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, para o que disporán dun prazo dun mes contado a partir da data da publicación deste anuncio.

As devanditas reclamacións poderán presentalas nas oficinas centrais deste ente público, situadas na praza de Europa, 5 A-6º, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas de Portos de Galicia, Zona Centro, r/ Alférez Provisional, 1-1º, na Coruña. En ámbalas dúas direccións poderán examina-los documentos correspondentes.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia