Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, adxudicación por concurso e tramitación urxente, das obras que se citan. (Expediente LU-14-08-03-01 e tres máis).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Proxectos e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: departamentos para usuarios no porto do Vicedo.

Clave do expediente: LU-14-08-03-01.

Orzamento base de licitación: trescentos vintesete mil catrocentos oito con corenta e oito (327.408,48) euros.

Prazo de execución: dez (10) meses.

Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría d.

División por lotes: non hai.

b)Descrición do obxecto: nave para depósito de caixas en Cedeira.

Clave do expediente: CO-12-04-03-01.

Orzamento base de licitación: cento oitenta e un mil seiscentos trinta e oito con sesenta e oito (181.638,68) euros.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: grupo C, subgrupo 3, categoría d.

División por lotes: non hai.

c)Descrición do obxecto: pavimentación no porto de Fisterra.

Clave do expediente: CO-12-32-03-01.

Orzamento base de licitación: cento trinta e seis mil oitocentos trinta e nove con vintetrés (136.839,23) euros.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

División por lotes: non hai.

d) Descrición do obxecto: ampliación de peiraos en Cabo de Cruz.

Clave do expediente: CO-12-52-03-01.

Orzamento base de licitación: dous millóns trescentos cincuenta e seis mil trinta e sete con setenta e dous (2.356.037,72) euros.

Prazo de execución: dezaoito (18) meses.

Clasificación: grupo F, subgrupo 3, categoría e.

División por lotes: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa 10 A-4º.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15707.

Teléfono: 981 54 53 22.

Telefax: 981 54 72 16.

b) E en Copystudio, rúa Nova de Abaixo, 2. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 33 85.

c) Enderezo na Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2939, 2941, 2942 e 2943.

6. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación, se é o caso: a esixida, para cada contrato, no punto 2 anterior.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación:

1ª Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro do ente público Portos de Galicia.

2ª Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707 (ou no disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas).

d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: admítense variantes.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas de Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 10-4, 4º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: ás 9.00 horas.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia