Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, adxudicación por concurso e tramitación urxente, das obras que se citan. (Expediente CO-12-20-03-01 e tres máis).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Proxectos e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: remodelación do porto de Corme.

Clave do expediente: CO-12-20-03-01.

Orzamento base de licitación: setecentos setenta e cinco mil douscentos trinta e seis con vintecinco (775.236,25) euros.

Prazo de execución: oito (8) meses.

Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría e.

División por lotes: non hai.

b) Descrición do obxecto: instalacións náuticas e deportivas en Camariñas.

Clave do expediente: CO-12-30-03-01.

Orzamento base de licitación: cincocentos vintenove mil setecentos trinta e sete con trinta e catro (529.737,34) euros.

Prazo de execución: nove (9) meses.

Clasificación: grupo F, subgrupo 7, categoría d.

División por lotes: non hai.

c) Descrición do obxecto: urbanización en Porto do Son (2ª fase).

Clave do expediente: CO-12-44-03-01.

Orzamento base de licitación: cento oito mil oitenta e cinco con dous (108.085,02) euros.

Garantía provisional: dous mil cento sesenta e un con setenta (2.161,70) euros.

Prazo de execución: catro (4) meses.

División por lotes: non hai.

d) Descrición do obxecto: instalacións para a náutica recreativa en Vilanova de Arousa.

Clave do expediente: PO-14-05-03-01.

Orzamento base de licitación: dous millons catrocentos noventa e oito mil douscentos tres con trinta e cinco (2.498.203,35) euros.

Prazo de execución: dezaoito (18) meses.

Clasificación: grupo F, subgrupo 2, categoría d e grupo F, subgrupo 7, categoría d.

División por lotes: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Garantías:

Provisional: non se esixe, agás para o punto tres da letra c).

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa 10 A-4º.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15707.

Teléfono: 981 54 53 22.

Telefax: 981 54 72 16.

b) E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas, 2. Santiago. Teléfono: 981 58 03 02.

c) Enderezo en Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2955, 2958, 2959 e 2960.

6. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación, se é o caso: a esixida, para cada contrato, no punto 2 anterior.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación:

1ª Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro do ente público Portos de Galicia.

2ª Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707 (ou no disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas).

d) Prazo durante o que o licitador obrígase a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: admítense variantes.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas de Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 10-4, 4º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.00 horas.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia