Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite ordinario, para a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia de clave AT/131 e sete máis.

a) Consultoría e asistencia.

1. Título: asistencia técnica á dirección de obras de infraestructura hidráulica e de saneamento.

Clave: AT/131.

Orzamento base de licitación: douscentos oitenta e sete mil seiscentos cincuenta e catro euros con catro céntimos (287.654,04 A).

Prazo de execución: doce (12) meses.

2. Título: asistencia técnica á dirección de obras hidráulicas nas provincias de Pontevedra e zona sur da Coruña.

Clave: AT/132.

Orzamento base de licitación: douscentos oitenta e sete mil catrocentos noventa e oito euros e corenta con nove céntimos (287.498,49 A).

Prazo de execución: doce (12) meses.

3. Título: asistencia técnica á dirección de obras hidráulicas nas provincias da Coruña, zona norte de Pontevedra e zona oeste de Lugo.

Clave: AT/133.

Orzamento base de licitación: douscentos oitenta e sete mil catrocentos noventa e oito euros con corenta e nove céntimos (287.498,49 A).

Prazo de execución: doce (12) meses.

4. Título: asistencia técnica á dirección de obras hidráulicas nas provincias de Lugo e zona leste da Coruña.

Clave: AT/134.

Orzamento base de licitación: douscentos oitenta e sete mil catrocentos noventa e oito euros e corenta con nove céntimos (287.498,49 A).

Prazo de execución: doce (12) meses.

5. Título: asistencia técnica en materia de seguridade e saúde á dirección de obras de infraestructura hidráulica e de saneamento.

Clave: AT/135.

Orzamento base de licitación: douscentos dous mil cincocentos sesenta e seis euros e sesenta con dous céntimos (202.566,62 A).

Prazo de execución: doce (12) meses.

6. Título: asistencia técnica en materia de seguridade e saúde á dirección de obras hidráulicas nas provincias da Coruña e Lugo.

Clave: AT/136.

Orzamento base de licitación: douscentos seis mil oitocentos cincuenta e oito euros con corenta céntimos (206.858,40 A).

Prazo de execución: doce (12) meses.

7. Título: asistencia técnica á dirección de obras de saneamento nas provincias de Pontevedra e A Coruña.

Clave: AT/137.

Orzamento base de licitación: douscentos oitenta e tres mil trescentos dezaseis euros con corenta e sete céntimos (283.316,47 A).

Prazo de execución: dez (10) meses.

8. Título: asistencia técnica en materia de seguridade e saúde á dirección de obras hidráulicas nas provincias de Pontevedra e Ourense.

Clave: AT/138.

Orzamento base de licitación: douscentos seis mil oitocentos cincuenta e oito euros con corenta céntimos (206.858,40 A).

Prazo de execución: doce (12) meses.

b) Requisitos específicos dos licitadores para tódolos contratos de consultoría e asistencia: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

A solvencia económica e financeira acreditarase polos medios establecidos no artigo 16.1º, alínea a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño); a solvencia técnica e profesional acreditarase polos medios establecidos no artigo 19, alíneas a) e b) da dita lei.

c) Cofinanciamento comunitario.

As asistencias técnicas n 1 e 5 da alínea a) anterior están cofinanciadas con cargo ó fondo de Cohesión da Unión Europea nun oitenta por cento (80%).

d) Documentación e información de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de bases estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e de 9.00 a 14.00 horas), na Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, Consellería de Medio Ambiente, (Rúa Doutor Maceira nº 18, 15706-Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 56 09 10/981 56 09 11, fax 981 56 07 91/981 52 38 67).

Poderá obterse unha copia, por conta dos licitadores, dos citados pregos de cláusulas e de bases na copistería Copy Nino (Rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, galerías-baixo-Santiago de Compostela, teléfono 981 58 89 38).

Así mesmo, os pregos de cláusulas administrativas particulares e de bases relativos a esta contratación estarán dispoñibles no seguinte enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N= 2917, 2918, 2919, 2920, 2921, 2922, 2923 e 2924 (un número para acceder a cada asistencia).

e) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Non se esixirá fianza provisional ningunha, de conformidade co artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e se esixirá unha garantía definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento base de licitación, que poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

f) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Lugar e prazo de presentación das proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobres pechados no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina establecidos na alínea d) anterior, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado na forma indicada no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro).

Cando a documentación para concorrer á licitación se envíe por correo, o licitador deberá anunciar ó órgano de contratación a citada remisión mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día, xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

h) Apertura das proposicións.

O acto público de apertura das proposicións (sobre B) será realizado pola mesa de contratación, ás 9.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos. Se ese día coincidise en sábado, domingo ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

i) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica na cláusula 2.2.6, constitución e funcionamento da mesa de contratación, do prego de cláusulas administrativas particulares.

j) Variantes.

Segundo o especificado no epígrafe f) do cadro de características do contrato.

k) Documentos que deberán presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

l) Gastos dos anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2003.

Emilio García Gallego

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos