Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de execución das obras do proxecto de clave OH.215.540 e cinco máis.

a) Obra.

1. Título: captación e ETAP en Sisalde. Arteixo (A Coruña).

Clave: OH.215.540.

Orzamento base de licitación: douscentos oitenta e sete mil oitocentos setenta e tres euros (287.873,00 A).

Prazo de execución: vinte (20) meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría b). Grupo E, subgrupo 1, categoría a).

Garantía provisional: non se esixe.

2. Título: ETAP en Abadín. Abadín (Lugo).

Clave: OH.227.365.

Orzamento base de licitación: cento corenta e nove mil novecentos noventa e cinco euros con trinta e seis céntimos (149.995,36 A).

Prazo de execución: vinte (20) meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría a).

Garantía provisional: non se esixe.

3. Título: reforma e ampliación da rede de abastecemento de agua en Antas de Ulla. Antas de Ulla (Lugo).

Clave: OH.227.370.

Orzamento base de licitación: cento noventa e oito mil trescentos dezanove euros con trinta e un céntimos (198.319,31 A).

Prazo de execución: vinte (20) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b).

Garantía provisional: non se esixe.

4. Título: ampliación do saneamento rural de Vigo. Parroquia de Beade. Vigo (Pontevedra).

Clave: OH.336.494.

Orzamento base de licitación: tres millóns trescentos cincuenta e nove mil oitocentos trinta e oito euros con noventa e seis céntimos (3.359.838,96 A).

Prazo de execución: trinta e dous (32) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e).

Garantía provisional: non se esixe.

5. Título: saneamento e abastecemento en Palas de Rei. Palas de Rei (Lugo).

Clave: OH.527.353.

Orzamento base de licitación: cincocentos noventa e nove mil catrocentos setenta e un euros e cincuenta e sete céntimos(599.471,57 A).

Prazo de execución: vinteoito (28) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d).

Garantía provisional: non se esixe.

6. Título: mellora do abastecemento de auga no Cebreiro. Pedrafita do Cebreiro (Lugo).

Clave: OH.227.371.

Orzamento base de licitación: oitenta e nove mil seiscentos corenta e oito euros con vinte e tres céntimos (89.648,23 A).

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c).

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Cofinanciamento comunitario.

A actuación referida á obra nº 5 do epígrafe A) anterior está cofinanciada con cargo ó fondo Feder da Unión Europea nun setenta por cento (70%).

c) Documentación e información de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e as horas hábiles de oficina (de luns a venres e de 9.00 a 14.00 horas), na Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, Consellería de Medio Ambiente, (Rúa Doutor Maceira nº 18, 15706-Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 56 09 10/981 56 09 11, fax: 981 56 07 91/981 52 38 67).

Poderá obterse unha copia, por conta dos licitadores, dos citados pregos e proxecto na copistería Copy Nino (rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, galerías-baixo-Santiago de Compostela, teléfono 981 58 89 38).

Así mesmo, o prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación estará dispoñible no seguinte enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 2903, 2904, 2905, 2906, 2907 e 2908 (un número para acceder a cada obra).

d) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no epígrafe A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e unha garantía definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento base de licitación.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

e) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Lugar e prazo de presentación das proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobres pechados no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina establecidos no epígrafe c) anterior, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro).

Cando a documentación para concorrer á licitación se envíe por correo, o licitador deberá anunciar ó órgano de contratación a citada remisión mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día, xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce (14.00) horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

g) Apertura das proposicións.

O acto público de apertura das proposicións (sobre B) será realizada pola mesa de contratación, ás 9.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos. Se ese día coincidise en sábado, domingo ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

h) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica na cláusula 2.2.6, constitución e funcionamento da mesa de contratación, do prego de cláusulas administrativas particulares.

i) Variantes.

Segundo o especificado no epígrafe F do cadro de características do contrato.

j) Documentos que deberán presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

k) Gastos dos anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2003.

Emilio García Gallego

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos