O artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e o Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia, no seu artigo 53.1º, establece a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de modificación de domicilio social da cooperativa. Na súa virtude,
RESOLVO:
Dispoñe-la publicación, no Diario Oficial de Galicia, da variación do domicilio social á rúa Romaño nº 33 de Santiago de Compostela, da entidade Nós Sociedad Cooperativa Limitada, acordada na asemblea xeral o día 22 de xaneiro de 2003.
A Coruña, 7 de xullo de 2003.
Elisa Madarro González
Delegada provincial da Coruña