Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto da subministración de clave SC/03/040.08.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de elementos de seguridade, vestiario e calzado do persoal adscrito á Subdirección Xeral de Estradas.

Clave do expediente: SC/03/040.08.

Orzamento base de licitación: cento sesenta mil trescentos corenta e nove euros con nove céntimos (160.349,09 euros).

División por lotes e número: non hai.

Lugar de entrega: ver punto 13 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de entrega: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Ordinaria, aberto e concurso.

4. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación do contrato.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas. Servicio de Xestión Económico-Administrativa.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 49 86-981 95 72 55.

e) Telefax: 981 54 47 91.

6. Requisitos específicos do contratista.

Acreditación da solvencia económica e financeira e solvencia técnica: ver puntos nº 7 e nº 8 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do viséximo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, (ver parágrafo 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

8. Apertura das ofertas.

Terá lugar ás 11.00 horas, do día 22 de setembro de 2003, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

9. Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo á documentación xeral (sobre nº 1), segundo se espe

cifica no punto 2.2.7. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios.

Por conta do adxudicatario.

O importe estimado máximo DOG: por liña 9,56 euros.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda