Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2003, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o proxecto de trazado e o estudio de impacto ambiental da vía de conexión do segundo cinto de circunvalación de Vigo co polígono industrial de Balaídos. (Clave PO/02/048.03).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas, do 16 de xullo de 2003, aprobouse provisionalmente o proxecto de trazado e o estudio de impac

to ambiental da vía de conexión do segundo cinto de circunvalación de Vigo co polígono industrial de Balaídos. (Clave PO/02/048.03).

De acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, o devandito proxecto de trazado sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que as persoas que o estimen oportuno poidan formular por escrito ante a Dirección Xeral de Obras Públicas as observacións que crean convenientes, relativas ás circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral da estrada e sobre a concepción global do seu trazado.

Así mesmo, durante este período, sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental contido no proxecto de trazado segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, e na Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental.

Está a exposición ó público para estes efectos no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, na Dirección Xeral de Obras Públicas e no Concello de Vigo.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2003.

Antonio López Blanco

Subdirector xeral de Estradas