Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data de poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, de data 7 de marzo do 2001, o alleamento en pública poxa dos bens embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Pontevedra como da propiedade do debedor Omil Estévez, Álvaro, con DNI 35180555-P, que a continuación se describen:

-Lote 1:

Casa de planta baixa e alta, sita na rúa de Ramón Bares, nº 2 de Bueu (Pontevedra). Ten como anexos alpendre e terreo. Superficie: 1.912 m, construída 70 m. É o predio nº 4.409 inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra no folio 182, libro 45, tomo 776, de Bueu.

Valor: 67.227,05 euros.

Cargas: 23.756,82 euros.

Tipo: 43.470,23 euros.

-Lote 2:

Rústica Mourisca de Abaixo, sita no lugar da parroquia de Beluso, municipio de Bueu, composto dun

almacén duns 50 m con terreo e manancial recollido e aproveitado neste predio, cunha extensión de 30 varas ou 2 áreas e 21 centiáreas. É o predio nº 4.868 inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra no folio 36, libro 50, folio 832, de Bueu.

Valor: 1.550,05 euros.

Cargas: non constan.

Tipo: 1.550,05 euros.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que o día 7 de outubro de 2003 ás 10.30 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial de Pontevedra, rúa Michelena 30, baixo a presidencia do delegado territorial de Pontevedra, teña lugar a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que consta en poder da Zona de Recadación de Pontevedra o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3. Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con posturas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra e deberán ir acompañadas de cheque conformado, expedido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20% do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga pro

cedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7. Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia do ben que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación. En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA