Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto das obras de clave AC/98/139.03 e cinco máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición do obxecto: variante de acceso ó polígono dos Airios, convenio entre o Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Innovación, Industria e Comercio 30-12-2000.

Clave do expediente: AC/98/139.03.

Orzamento base de licitación: seiscentos corenta e nove mil cento vinte euros con setenta e nove céntimos (649.120,79 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

División por lotes e número: non hai.

b) Descrición do obxecto: acondicionamento da estrada OU-533 (antiga C-533), treito Freixido-A Rúa.

Clave do expediente: OU/01/006.01.

Orzamento base de licitación: tres millóns oitocentos vintesete mil cincocentos cinco euros con oitenta e seis céntimos (3.827.505,86 euros).

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría e; grupo G, subgrupo 4, categoría e; grupo B, subgrupo 2, categoría d.

División por lotes e número: non hai.

c) Descrición do obxecto: acondicionamento da estrada OU-531 (antiga C-531), Vilavidal-Cortegada.

Clave do expediente: OU/99/59.01.

Orzamento base de licitación: cinco millóns setecentos sesenta e tres mil oitocentos trece euros con vintetrés céntimos (5.763.813,23 euros).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría d; grupo G, subgrupo 4, categoría d.

División por lotes e número: non hai.

d) Descrición do obxecto: Plan Galicia: construcción AC-544 (antiga AC-450) Bertamiráns-Negreira, variante de Ponte Maceira.

Clave do expediente: AC/00/051.01.

Orzamento base de licitación: catro millóns douscentos sesenta e sete mil novecentos once euros con cincuenta e nove céntimos (4.267.911,59 euros).

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría e.

División por lotes e número: non hai.

e) Descrición do obxecto: novo acceso á autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, na Estrada.

Clave do expediente: PO/02/015.01.

Orzamento base de licitación: dous millóns setecentos corenta e dous mil setecentos noventa e un euros con corenta e un céntimos (2.742.791,41 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría e; grupo B, subgrupo 3, categoría e; grupo G, subgrupo 4, categoría e.

División por lotes e número: non hai.

f) Descrición do obxecto: alargamento e mellora para carril lento na estrada PO-532 (antiga C-531) p.k. 22+200 ó 24+480 Marcón-Ponte Caldelas.

Clave do expediente: PO/03/091.01.

Orzamento base de licitación: novecentos cincuenta e nove mil un euros con vintedous céntimos (959.001,22 euros).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: 15781-Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 49 86.

e) Telefax: 981 54 47 91.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos de cláusulas administrativas particulares, relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo 19-21, teléfono 981 59 33 85.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a esixida, para cada contrato, no punto 2 anterior.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará ás 12.00 horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (ver parágrafo 2.2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: ver alínea F, do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura das ofertas: terá lugar ás 11.00 horas do día 26 de setembro de 2003, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº A), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo DOG: por liña 9,56 euros.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda