Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 13 de agosto de 2003 Páx. 10.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MAZARICOS

ANUNCIO de poxa con procedemento aberto e tramitación urxente para a venda de dous predios municipais en Val, no sitio Riba da Horta Vella.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mazaricos.

Expediente tramitado en Secretaría.

2. Obxecto do contrato: a venda dos predios A-3, A-14, do plano nº 2 do convenio asinado o día 20 de xaneiro de 2000.

Finca A-3: superficie 1.250 m.

Uso: solo apto para urbanizar de uso industrial (SAUI).

Finca A-14: superficie 1.250 m.

Uso: solo apto para urbanizar de uso industrial (SAUI).

3. a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 13.525 euros para cada predio.

5. Garantía provisional: 270,5 euros.

6. Obtención de documentación e información: no Concello de Mazaricos (avda. Trece de Abril, nº 59, A Picota, teléfono: 981 86 71 04, fax: 981 85 22 17), dentro do prazo de 8 días naturais seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista: os sinalados no prego de cláusulas administrativas que regulan a venda.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite: en horario laboral, no prazo de 8 días naturais contados desde o día seguinte ó da

última publicación deste anuncio no BOP ou DOG, no rexistro do Concello de Mazaricos.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: Concello de Mazaricos.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na casa do concello ás 12.00 horas do 2º día seguinte hábil ó do termo do prazo de presentación de proposicións. Se ese día é sábado, trasládase o acto ó luns seguinte.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos de publicación de licitación.

11. Exposición do prego: o prego de cláusulas administrativas queda exposto ó público no Concello de Mazaricos durante o prazo de 4 días, para que as persoas e as entidades interesadas poidan presenta-las alegacións, suxestións e reclamacións que estimen pertinentes.

Mazaricos, 29 de xullo de 2003.

J. Manuel Santos Maneiro

Alcalde