Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 13 de agosto de 2003 Páx. 10.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 4 de xullo de 2003, prestou aprobación ás bases que rexerán o concurso aberto, de forma urxente, para adxudicación da obra denominada reforma integral da praza de abastos, primeira fase. Estas bases expóñense ó público, por un prazo de 13 días naturais, supeditado a que non se produzan reclamacións contra elas, convócase concurso conforme o seguinte detalle:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mondoñedo.

2. Obxecto do contrato: concesión da obra de reforma integral da praza de abastos, primeira fase.

Orzamento da obra: 397.770,00 euros.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente, segundo o acordo corporativo.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento de contrato.

5. Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos todos (do 1 ó 9), categoría d.

6. Obtención de documentación e información: na secretaría do Concello de Mondoñedo.

7. Presentación de ofertas: dado que se acordou o carácter urxente deste concurso, a data límite de presentación é de 13 días naturais, contados a partir da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

8. Documentación que hai que presentar: a esixida nas bases.

9. Apertura de ofertas.

Data: o primeiro día hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións; se coincide en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios: con cargo ó adxudicatario.

Mondoñedo, 8 de xullo de 2003.

Luis Rego Valcarce

Alcalde