Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 13 de agosto de 2003 Páx. 10.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/422-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Santo Domingo.

Situación: concello de Donzón.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor tipo LA-56 de 506 m de lonxitude con orixe en LAL802 Rodeiro-Cogal 2 e remate no apoio proxectado HVH-1600/13. C.T. de 50 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V-R.B.T. aérea de 88 m de lonxitude con conductor tipo R.Z. e orixe no C.T. proxectado. A instalación está situada na zona de Santo Domingo en Donzón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 25 de xuño de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra