Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. Rosalía de Castro.
Situación: concello de Vilanova de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.Z. de 3 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Porto-Vilaxóan, entre os CC.TT. San Mauro e Curros Enríquez, e remate no mesmo punto, unha vez que entre e saia do C.T. que se proxecta, de 400 kVA R.T. 20 kV-380/220 V, situado na rúa Rosalía de Castro de Vilanova de Arousa.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 25 de xuño de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra