Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 13 de agosto de 2003 Páx. 10.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 16 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e o estudio de impacto ambiental da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/93).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188) de avaliación de impacto ambiental para Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e o estudio de impacto ambiental da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eólicos Touriñán, S.A.

Domicilio social: Lugar de Ruibo, s/n, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.A.T. 66 kV SE Parque Eólico Pena Touriñán IV (Serra do Moncoso)-apoio nº 7 L.A.T. SE Parque Eólico Serra da Loba-SE de Sidegasa.

Situación: Aranga, Irixoa e Monfero (A Coruña).

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de alta tensión a 66 kV, sobre torres metálicas de celosía, con conductor LA-280, de 3,571 m de lonxitude, con orixe na subestación do Parque Eólico Touriñán IV (Serra do Moncoso) ata o apoio nº 7 da L.A.T. de dobre circuíto a 66 kV sub. Parque Eólico Serra da Loba-sub. Sidegasa, da empresa Gamesa Energía, S.A. (expediente 326/2002) acompañado en todo o percorrido por cable OPGW-12F, discorrendo polos concellos de Aranga, Irixoa e Monfero.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Así mesmo, o estudio de impacto ambiental poderase examinar nos concellos de Aranga, Irixoa e Monfero e nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Medio Ambiente e de Innovación, Industria e Comercio da Coruña dentro do prazo sinalado anteriormente.

A Coruña, 16 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña