Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 12 de agosto de 2003 Páx. 10.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Concello de Vilanova de Arousa vai proceder á contratación mediante concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, da seguinte obra:

Obxecto: acondicionamento do uso peonil da praza do concello.

Orzamento: 97.044,03 euros.

Fianzas: provisoria, non se esixe. Definitiva: 4% por orzamento de adxudicación.

Prazo de execución: ata o 10 de novembro de 2003.

Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello, das 9.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados a partir do anuncio de licitación no BOP.

Prego de cláusulas: poderá recollerse no Negociado de Contratación do concello, das 9.00 ás 14.00 horas.

Vilanova de Arousa, 4 de agosto de 2003.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde